O Sistema Braille
é un alfabeto que permite ás persoas cegas ler, escribir, compoñer ou dedicarse
á informática.
Este invento é obra da imaxinación de Louis Braille.
Braille foi un profesor francés que naceu no ano 1809.
Cando tiña tres anos tivo un accidente polo cal quedouse totalmente cego.
Con 10 anos entrou no Instituto
para Mozos Cegos de París e anos máis tarde chegou a ser profesor deste
centro. Mentres traballaba alí inventou este método que o fixo famoso.
O Braille é unha lectura táctil baseada en
puntos e guións en relevo sobre un cartón. Cada símbolo son seis puntos que se combinan
de forma diferente para formar as letras, os números, os signos de puntuación
Os lectores van pasando as xemas dos dedos por cada liña de puntos de esquerda
á dereita, e deste xeito poden ler máis de cen palabras por minuto, aínda que
se poden ler moitas máis usando ámbalas dúas mans á vez.
Hoxe en día, e grazas a este invento, creáronse máquinas
para escribir e ordenadores especiais para invidentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario