Mostrando entradas con la etiqueta personaxes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta personaxes. Mostrar todas las entradas

13/5/12

Os nosos personaxes favoritos: Mario Bross


MARIO BROSS
Mario Bross naceu o 13 de setembro de 1995, e o seu creador foi Shigeru Miyamoto. É o personaxe de Nintendo máis coñecido. A súa principal tarefa consiste en salvar a princesa Peach do malvado Browser.
Familia: Luigi (o seu irmán)
Amigos: A princesa Peach, Toad, Joshy, Estela.
O principal inimigo de Mario é Browser.
Ademais de traballar no seu xogo estrela, Mario Bross tamén participa en  outros xogos como: Super Paper Mario, Mario Galaxy, Mario Kart, …
Habilidades: facerse xigante, facerse anano, disparar bolas de lume …
Iván Pazó Rial



Todos os personaxes de Mario:




Xogos de Mario:


 

25/3/12

Os nosos personaxes favoritos: Oksa Pollock




OKSA POLLOCK: UNHA NENA MISTERIOSA
Filla de Pavel e Marie Pollock. Ela tiña que marcharse a Londres, pero quería quedar en París, o seu fogar. Non quería irse porque o seu mellor amigo, chamado Gus, non viña con ela. Non quería mudarse e cando chegou a Londres toda a súa vida cambiou.
Familia: A súa avoa chamada Dragomira, o seu pai chamado Pavel, e a súa nai Marie.
Amigos: O seu mellor amigo Gus e o enigmático Tagdal.
PAOLA GARCÍA




Se queredes máis información sobre este personaxe, visitade estes enlaces:


29/2/12

Os nosos personaxes favoritos: Bob Esponja



Fillo do Señor Esponja e a Señora Esponja. Ao acabar a súa carreira quixo vivir só nunha casa en forma de piña cos seus amigos Patricio Estrella, Calamardo Tentáculos e Arenita Mejillas.
Traballa no Krustáceo Crujiente como cociñeiro, co propietario Don Cangrejo, ao que lle gusta o diñeiro. Ademais de traballar a Bob Esponja lle gusta a ciencia, e traballa con Arenita Mejillas, a súa amiga. Despois de moito tempo, Bob Esponja e Arenita Mejillas casaron.
Familia: Señor Esponja e Señora Esponjan (pais), Stanli (primo), Arenita (noiva).
Inimigo: Placton
Superpoderes. Facer cangreburguers moi rápido.


                                                           Valeria Rodríguez Jalda


Todo o que  queiras saber sobre este personaxe, nestas páxinas web:


Queres xogar con Bob Esponja? Proba nestas páxinas:



E podes cantar a súa canción:

6/2/12

Os nosos personaxes favoritos: Bat Pat



BAT PAT E O VAMPIRO BAILARÍN
Bat Pat é un escritor. Escribe contos terroríficos. É un morcego.
Ten tres amigos, que se chaman Martin, Rebecca e Leo. Rebecca é amiga de Bat Pat.
Rebecca foi onde o castelo do Vampiro. Bat Pat escondeuse nunha cortiña do castelo.
O Vampiro Bailarín era de verdade, Ao Vampiro gústalle a música porque ten un piano.
Iván Vilas Chapela



Podes visitar a súa páxina web.



2/2/12

Os nosos personaxes favoritos: Geronimo Stilton


GERONIMO STILTON
Nacido en Ratonia (Illa dos ratos). Geronimo Stilton é licenciado en Ratoloxía da Literatura Ratónica e en Filosofía Arqueorratónica Comparada.
Dende fai vinte anos dirixe O Eco do Roedor, o periódico con máis difusión de Ratonia.
Vive cos seus tres parentes: Tea, Trampita e Benxamín.
Gaby


Queres coñecer o Club Geronimo Stilton? Fai click na imaxe.


29/1/12

Os nosos personaxes favoritos: Bart Simpson


Nome: Bart Simpson
Idade: Ten 10 anos
A súa familia: A súa nai Marge, o seu pai Homer, a súa irmá Lisa e a súa irmá pequena Maggie.
Os seus parentes: Abraham Simpson, que é o seu avó; Herbert Powell o seu tío, que é o medio irmán do seu pai; a súa avoa Jackeline Bouvier, que é a nai de Marge; as súas tías Patty e Selma, que son as irmás de Marge; o seu can Axudante de Santa Claus e o seu gato Snowball II.
A súa profesión: estudante e gamberro.
Mellor amigo: Milhouse Van Houten.
Inimigo: Seymur Skinner (director do seu cole).
BRAIS LAGOA



Todo sobre os Simpsons nestas páxinas:

Xogos:

Ou tamén podes visitar o blog de Brais Lagoa.

27/1/12

Os nosos personaxes favoritos: Zape

ZAPE ZAPATILLA LLOBREGAT
Fillo de Pantuflo e Jaimita Zapatilla e irmán de Zipi Zapatilla. É o maior traste do mundo, e tamén un mal estudante.
Familia: Pantuflo e Jaimita Zapatilla (pais), Zipi Zapatilla (irmán), Sapientín (primo), nai de Sapientín (tía9.
Inimigos: Pachón, Doña Purita, Don Ramón e Peloto.
Travesuras: Poñer chinchetas nas sillas, levar ras na carteira e copiar os deberes a Sapientín.
ROQUE



25/1/12

Os nosos personaxes favoritos: Pitufina


PITUFINA
A única pitufa do sexo feminino, que foi creado polo malvado Gargamel coa intención de capturar aos pitufos.
Papá pitufo logrou curala quitándolle esa maldade e a converteu nunha máis na aldea dos pitufos.
Pitufina ten uns rasgos diferentes a todos os pitufos, xa que ten o pelo ondulado, loiro e longo, e pestanas longas.
O seu interés é coidar e querer a cada pitufo.
Gústanlle moito as flores e por iso as cultiva no seu xardín. Pitufina é moi guapa e algo vanidosa. O seu mellor amigo é o pitufo Vanidoso. Está namorada do pitufo Tontín.
Ainoa Fernández


Coñece todo sobre os pitufos nestas páxinas:

E un montón de xogos neste enlace:


22/1/12

Os nosos personaxes favoritos: Kika Superbruxa



Bruxas e contos famosos coas súas bruxas:
Kika Superbruxa
Brancaneves: Grimhilde
A Bela Durminte: Maléfica
Rapunzel: Dame Gothel
A Sereíña: Úrsula

Kika Superbruxa:
Ten unha idade de 10 anos.
Parece unha rapaza corrente e molente, pero en realidade é un personaxe ficticio, creado polo autor Knister.
O autor nos presenta a Kika como unha bruxa supersecreta.
Kika é un personaxe que posúe algo moi pouco común: Un libro de maxia! Encontrou ese libro xunto a súa cama, porque o deixara esquecido a bruxa Elviruxa.
O libro contén auténticos encantamentos e loquísimos trucos de bruxas.
O seu comewtido é probar algúns dos trucos. Nunca lle falou a ninguén deste libro.
É unha bruxa auténtica pero secreta.

Familia: O seu irmán Dani.
Inimigos: A bruxa Elviruxa
Superpoderes: Trucos de maxia.

Andrea González

Se queres coñecer todos os libros da colección de Kika Superbruxa, podes consultar este catálogo:

Destes libros tamén fixeron unha película, seguro que a coñecedes:




20/1/12

Os nosos personaxes favoritos: Mortadelo


MORTADELO

Mortadelo é un personaxe espigado, de nariz prominente e gafas de varilla longa, sen pelo, nin de tonto nin de listo na súa cabeza, e que sempre viste de negro.
É máis ben inxenuo, aínda que cun puntiño de sagacidade, a pesares da súa torpeza.
Hai que recoñecer a súa habilidade para o disfraz.
Amigos: Filemón.
Rafa


Todo o que queredes saber sobre este personaxe e o seu autor, Ibáñez,  o podedes atopar na súa páxina web:


18/1/12

Os nosos personaxes favoritos: O pirata Garrapata


O PIRATA GARRAPATA
Garrapata é un pirata do século XVIII, cuxo rastro perdeuse na taberna do Sapo Verde, xunto ao porto do Támesis, en Londres.
Navega no seu barco, Salmonete I,  cos seus amigos chamados Floripondia, Chaparrete, Carafoca, Armadura, etc.
É  un pirata feroz e barrigudo, que ten unha pata de pau e un garfo de aceiro en vez de man. Ten o nariz gordo e colorado, fáltalle media orella e leva un parche para taparse un ollo de cristal.
A súa actitude é arrogante e malhumorada, pero no fondo é boa persoa, axuda aos débiles e castiga aos malos.
David Bernárdez



14/1/12

Os nosos personaxes favoritos: Tintín


Profesión: Tintín é un intrépido reporteiro.
Lugar onde vive: Vive nun pequeno edificio, nun estremo da súa cidade, cerca da comisaría de Hernández e Fernández.
Mascota: A súa mascota é un canciño chamado Milú. É o fiel compañeiro de Tintín. Aínda que sexa un can ten un carácter chamativamente humano.
Aficións: Gústanlle as aventuras. Sempre está viaxando co seu can Milú.
Os personaxes: Tintín, Milú, Capitán Haddock, o profesor Tornasol, Hernández, Fernández, Bianca Castafiore, Serafín Latón, Tchang Tchong Yen, o xeneral Alcazar, Mohamed Ben Kalish, Ezab, Oliveira da Figueir, …
Os malos: Roberto Rastapopulos, Allan Thompson, O doutor J. W. Müller, o coronel Sponsz, …
Familia: Tintín só ten un pai chamado Herge, o autor.
Curiosidades: Tintín é un reporteiro, pero só escribiu un único artigo sobre unha viaxeao país dos Soviets, pero nunca o chegou a enviar.
As primeiras aventuras de Tintín foron no ano 1929.
Aventuras máis coñecidas: Tintín en América, Os cigarros do faraón, A orella rota, A illa negra, O cetro de Ottokar, O caranguexo das pinzas de ouro, A estrela misteriosa, O secreto do unicornio, O tesouro de Rackham o vermello, As sete bolas de cristal, Aterraxe na Lúa, ..

Ángela




Se queres máis información sobre este personaxe visita estas páxinas web:
http://www.mundopeke.com/web/tintin/index-tintin.htm
http://www.sepionet.es/tintinofilia/