Mostrando entradas con la etiqueta animal misterioso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta animal misterioso. Mostrar todas las entradas

30/12/11

Aye-aye


Pois si, este animal tan raro chámase aye-aye e -e o animal misterioso nº 10. É un pequeno primate que vive na illa de Madagascar e que se ayopa en perigo de extinción. Se queredes máis información podedes visitar a páxina do National Geographic:

http://www.nationalgeographic.es/animales/mamiferos/aye-aye

Tamén podedes visitar o blog de Isaac.

Desta vez houbo catro acertantes: Isaac, Roque, Ángela e Brais L.

14/12/11

O armadillo


Pois este é o animal misterioso nº 9: un armadillo.
Esta vez temos moitos acertantes: Ainoa, Andrea, Valeria, Cristian, Ángela, Gaby, Roque e Iván V.
Se queredes ter máis información sobre este curioso animal, que parece que leva unha armadura, podedes visitar o blog de Ainoa ou o blog de Valeria.

10/12/11

Animal misterioso nº9


Un novo reto para o animal misterioso. Sabedes que animal é? Veña, participade, que este é  máis fácil.

4/12/11

Peixe Lúa


Xa temos gañadores do animal misterioso nº8: Ainoa, David, Roque, Rafa e Cristian adiviñaron que a foto era dun Peixe Lúa.
É un peixe moi estrano, como podedes ver neste vídeo:




Se queredes máis información, visitade estas páxinas web:
http://marenostrum.org/vidamarina/animalia/peces/mediterraneo/mmola/
http://blogjapon.com.ar/pez-luna-una-preciosidad/

29/11/11

23/11/11

O caribú


Pois si, o animal misterioso era un caribú, unha especie de reno. Esta vez houbo moitos acertantes: Rafa, Brais L., Ángela, Mohaned, Isaac, Ainoa e Andrea. Noraboa!
Andrea ten un novo blog, e puxo información sobre o caribú. Podedes vela neste enlace:

Ou tamén visitar a páxina de National Geographic:

Coñecedes este libro?

É O caribú namorado, da editorial Xerais, escrito por Xoán Abeleira e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano. O libro pertence a unha serie: As aventuras de Nunavut (un neno esquimó), e os podedes atopar na Biblioteca Escolar.

20/11/11

O animal misterioso nº7


Aquí tedes un novo animaliño misterioso para adiviñar. Pero, coidado, pode ser máis fácil do que parece!
Para non confundilo con outro animal da súa mesma especie, tede en conta esta pista: o seu nome ten 6 letras.
Veña, a investigar!

16/11/11

O weta xigante


A solución ao animal misterioso nº 6 era o weta xigante, o insecto máis grande do mundo. O podemos atopar en Nova Zelanda.
As gañadoras, unha vez máis, Ainoa e Andrea. Ademais esta vez Ainoa recompilou información sobre o weta, fotos e un vídeo, e podedes velo no seu blog

13/11/11

O animal misterioso nº6


Isto dos animais misteriosos vaise animando, e ademais acertades moi pronto o resultado. Aquí está o animal misterioso nº6, e quero o seu nome exacto. Sabedes que animal é? Veña, participade.

9/11/11

O peixe globo


Pero que rapidez! Xa hai acertantes do animal misterioso nº 5, que é un peixe globo.
Os gañadores foron Ángela, Isaac, Ainoa e Andrea.
Esta vez tedes un vídeo feito por unha nena de 7 anos que vos conta todo sobre os peixes globo.

6/11/11

O animal misterioso nº5


Ben, aquí temos unha nova foto para adiviñar. Que será este animal misterioso?
A ver quen é o primeiro en acertar a solución.

4/11/11

O tinamú


Por fin, xa temos unha gañadora: Ángela descubriu que o noso animal misterioso era un tinamú, un ave bastante rara que podemos atopar en América do Sur. 
Aquí tedes uns enlaces para documentaros sobre esta ave, da que existen moitas especies diferentes. Ou se o preferides buscade ao profesor que me deu a idea, e que entende moito de aves. Aínda non sabedes quen é?
 Para acceder, preme nas imaxes:





23/10/11

O animal misterioso nº4


Ben, este creo que un pouco máis difícil.
Sabedes que é o animal misterioso nº4?

Xa sabía eu que este animal ía ser máis difícil. Non é un ave moi común, só a podemos atopar en América Central ou América do Sur, sobre todo en Colombia. Vive na selva e parécese a un pavo e, aínda que pode voar, non o fai.
Este é o seu aspecto completo:


Veña! Investigade!

Que difícil está resultando! Se queredes outra pista teredes que preguntar a un profesor que vos dá clases e que entende moito de aves. Sabedes quen é? seguro que el, ou ela, sabe a solución.

18/10/11

O mandril


Esta vez costou un pouquiño máis, pero xa temos gañadores do animal misterioso nº3, que era un MANDRIL. O acertaron Roque, Andrea e Ainoa, aínda que Cristian estaba un pouco dubidoso entre este e un babuino; son parecidos, pero fíxate nas cores que ten o mandril.


Se queredes aprender cousas sobre este animal, de aspecto tan fero, podedes facelo nestes enlaces:


9/10/11

A "zarigüeya"


Pero mira que sodes rápidos. Xa temos gañadores do animal misterioso nº2. Isaac, Rafa, Darío e Roque averiguaron que era unha "zarigüeya".
Para saber máis, aquí vos deixo un enlace:
http://www.zoowebplus.com/animales/?animal=zarigueya
E un vídeo:


Por certo, sabe alguén como se di "zarigüeya" en galego?

6/10/11

O animal misterioso nº2


Ben, este é o segundo animal misterioso. A ver se resulta un pouco máis difícil que o anterior.
Sabes de que animal se trata?
Se non es capaz de recoñecelo, espera por algunha pista.

5/10/11

Kiwi


Que rápidos sodes! Xa temos gañadores ao 1º animal misterioso: Rafa, Isaac, Iván P., Andrea e Ainoa adiviñaron que o animal misterioso da foto era un kiwi.
O kiwi é un ave orixinaria de Nueva Zelanda, cunhas características moi especiais. Consultade este enlace para coñecer máis sobre el.


Unha das súas características é que, a pesar de ser un ave, non pode voar. Pero se vos fixades neste vídeo, algúns si o conseguen:

2/10/11

O animal misterioso


Hoxe comezamos un novo xogo. Sabedes que animal é o da fotografía? A ver quen é o primeiro en averigualo. Estade atentos a esta entrada, pois se non sodes capaces pronto haberá pistas para facelo.

Iván e Julio pensan que é un OURIZO, pero non o é.
Aquí tedes a 1ª pista:
O animal misterioso é un AVE.
Quen será o primeiro en acertalo?