Unha fermosa e dura película: 14 kilómetros. A historia da emigración da xente nova de África cara a Europa.
Ficha técnica:
http://www.filmaffinity.com/es/film115859.html
Mostrando entradas con la etiqueta mundo sen fronteiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mundo sen fronteiras. Mostrar todas las entradas
2/2/17
30/1/17
Un mundo sen fronteiras: Camiño á escola
Hoxe vimos a película Camiño á escola. É un documental que conta catro historias, en diferentes partes do mundo, nas que se narra a viaxe que teñen que facer uns rapaces e rapazas para poder ir á escola.
Unhas historias reais, duras, que conmoven e invitan a reflexionar.
Para máis información sobre a película, podes visitar este enlace:
Unhas historias reais, duras, que conmoven e invitan a reflexionar.
Para máis información sobre a película, podes visitar este enlace:
Pero estas catro historias no son as únicas. Aquí temos un vídeo con máis exemplos de outros camiños á escola:
30/12/16
Nadal sen fronteiras: hallaca venezolana
Os pais de Fran quixeron compartir con nós un prato típico de Nadal do seu país, Venezuela: a hallaca.
Tiveron a amabilidade de preparalo para que o probásemos e ademais nos explicaron e documentaron como se facía.
E podemos dicir que é un prato moi rico e saboroso. Moitas grazas a Rosely e Antonio.
Tiveron a amabilidade de preparalo para que o probásemos e ademais nos explicaron e documentaron como se facía.
A hallaca faise con fariña de millo, pero en Venezuela úsase a preparada, que se coñece como fariña de PAN.
Por dentro da masa colócase o guiso, que se fai con carne picada en dados e se adoba e se aliña, e se deixa dun día para outro.
Ao día seguinte se hallaca, se lle coloca olivas, alcaparras, uvas pasas, unha tira de pemento, cebola e se envolve nunha folla de plátano, que lle dá un sabor peculiar.
O día da cena tómase a hallaca, ensalada de galiña, pan de xamón e pernil.
8/12/16
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











