11/11/13

Biblioteca Escolar

Estes días na Biblioteca hai unha serie de libros que xa están cansos de esperar a que alguén os colla nos andeis. Por iso decidiron saír do seu sitio e ir en busca dun lector ou unha lectora.
Hai dous libros que buscan os seus lectores entre os nenos e as nenas de 4º de primaria:

O NACEMENTO DE NUNAVUT
Autor: Xoán Abeleira
Ilustrador: Jacobo Fernández Serrano
Editorial: Xerais

Nunavut, a nena protagonista das aventuras desta nova colección infantil de Xerais, pertence a un dos pobos máis lendarios da terrra, os innuit ou esquimós, pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas condicións, ocupando a rexión máis fría do noso planeta, a do Círculo Polar Ártico, que se estende dende Alasca a Grenlandia. Alí os esquimós viviron en paz, illados completamente do resto do mundo, ata que, a mediados do século XIX, na época das grandes exploracións, entraron en contacto cos europeos. Actualmente, as diversas tribos innuit seguen a loitar por defenderen os seus eidos, as súas culturas e as súas linguas: o modo ancestral de vida da que foron afastados. Pero Nunavut tamén é hoxe unha fermosa e esperanzadora rexión autónoma para tódalas comunidades árticas. O obxectivo desta nova serie de Xerais, As aventuras de Nunavut, é que os lectores e lectoras novos poidan descubrir as marabillas dunha cultura que, por fortuna, aínda nos pode ensinar moito. En O nacemento de Nunavut, o primeiro dos libros da serie, escrita por Xoán Abeleira e ilustrada por Jacobo Fernández Serrano, asistimos á chegada ao mundo da meniña, quen, tras ser abandonada a súa sorte, é levada á morada dos ingnersuit, os trasnos ou espíritos da escuridade, de onde tentará rescatala o seu arrepentido pai, Ukapi.




SE VENDE MAMÁ
Autora: Care Santos
Ilustrador: Andrés Guerrero
Editorial: S.M.


Óscar está hasta el gorro de su madre, como todos lo hemos estado alguna vez en nuestra vida. No le deja quedarse despierto por las noches, ni jugar sin haber hecho los deberes antes y, encima, siempre le está regañando por tonterías. Por si todo esto fuera poco, desde que “el garbanzo” nació, todos se han volcado en cuidarle. ¿Qué pasa? ¿Que su madre ya no le quiere? Pues él a ella tampoco.
Por suerte para Óscar, Nora tiene la solución a sus problemas: vender a su madre por Internet. No es algo que le convenza demasiado en un principio, claro: en parte porque, como dice su padre, siempre que tiene que tomar decisiones sus neuronas se colapsan, y en parte porque, aunque desconoce la palabra, cree que siente ciertos remordimientos. Sea como sea, Nora rellena el formulario, define las características del producto utilizando “tácticas publicitarias” y le da a “aceptar”.
Con esta premisa tan original como divertida, Care Santos, autora de decenas libros para todas las edades y ganadora del premio Gran Angular con su novela Los ojos del lobo, aborda temas tan fundamentales como son la familia, la amistad y las nuevas tecnologías en una novela dirigida a lectores a partir de 8 años pero que hará las delicias de todo el mundo.

Podedes atopar os dous libros na Biblioteca, coa etiqueta verde (I3-G e I3-C)



No hay comentarios:

Publicar un comentario