Nova ronda de exposicións orais, esta vez en Lengua Castellana. Empezamos con Iria e Mara que decidiron seguir co tema dos cómics e prepararon a súa charla sobre o Capitán Trueno.
Mostrando entradas con la etiqueta cómics. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cómics. Mostrar todas las entradas
13/5/19
8/5/19
Exp. oral: Mortadelo (Andrea)
Andrea preparou a súa exposición oral sobre Mortadelo.
https://docs.google.com/document/d/e/2PACX-1vRiSyEE2Cr9jbsSwkcWcqjYLQPdXGt6wj4QO5auO20BfJ2s2ifUL1P_ainOFz777i3DvUeMDCJ1hn2A/pub
7/5/19
8/4/19
Exp. oral: (Sofía e Dani)
Sofía e Dani fixeron a súa exposición oral sobre Carlitos e Snoopy.
https://docs.google.com/document/d/e/2PACX-1vRMTPQBWzili1B0KUlr-XUI8aJ8RbaHwCHIE3i9wG03uPBmn33WekeT2gUdicZPc7mOoAH58i-RkG0M/pub
3/3/19
Cómics: Solos
Solos, o premiado cómic de Bruno Gazzotti e Fabien Vehlman, conta a historia dun grupo de nenos que esperta nun mundo no que os adultos desapareceron e onde estarán obligados a sobrevivir.
Cómics: 13 Rue del Percebe
13, Rue del Percebe é unha serie de historietas creada por Francisco Ibáñez. Foi publicada por primeira vez na revista Tío Vivo, en 1961 e pronto conseguiu moita popularidade pola súa estrutura novedosa. É unha macroviñeta que ocupa unha páxina e que mostra un edificio de apartamentos e a comunidade que o habita.
3/2/19
Cómics: Hilda e o trol
Autor: Luke Pearson
Editorial: Barbara Fiore
Hilda é unha nena que vive nunha cabana nas montañas habitadas por troles e todo tipo de seres lexendarios e acompañada pola súa nai e por un tenro animal metade raposo metade cervo.
Hilda e o trol une a mitoloxía, o relato fantástico , o cómic máis tradicional e a historia de aventuras. Un cómic intelixente, con dose de humor, de intriga, de maxia e de personaxes e situacións enigmáticas.
27/1/19
Cómics: Pepe Gotera y Otilio
Pepe Gotera y Otilio, chapuzas a domicilio é unha serie de historietas creada en 1966 por Francisco Ibáñez que mostra as cómicas aventuras de dous obreiros chapuceiros e desastrosos.
Pepe Gotera é o xefe, o capataz, o que mira e manda sen mancharse as mans. Otilio é o currante, aínda que pensa máis na hora do bocadillo que en poñerse a traballar.
Pepe Gotera é o xefe, o capataz, o que mira e manda sen mancharse as mans. Otilio é o currante, aínda que pensa máis na hora do bocadillo que en poñerse a traballar.
13/12/18
Cómics: La familia Trapisonda
A familia Trapisonda, un grupiño que é a monda é un cómic creado por Francisco Ibáñez en 1958 sobre as cómicas desventuras desta familia.
9/12/18
Solución ao reto nº5: Superlópez
Xa temos as respostas ao reto nº 5:
1. O seu creador é o debuxante español Jan (Juan López Fernández).
2. Foi publicado por primeira vez no ano 1973, por un encargo da editorial Euredit.
1. O seu creador é o debuxante español Jan (Juan López Fernández).
2. Foi publicado por primeira vez no ano 1973, por un encargo da editorial Euredit.
3. Superlópez é unha parodia dos cómics de Superman.
4. Superlópez naceu no planeta Chitón. Chegou á Terra por accidente nun foguete construído polo seu pai.
5. A novia de Superlópez é Luisa Lanas, que non coñece a súa identidade secreta.
E estes son os acertantes deste novo reto:
6ºA: Xoel (1), Naia, Leo, Carlos, Dani (1), Brais, César, Noa, Mara, Iria, Sami, Lucía A., Ángel, Marta.
6ºB: Brais, Javi, Andrea, Adrián Ch.
1/12/18
Cómics: El botones Sacarino
O botones Sacarino foi creado por Francisco Ibáñez en 1963 para EL DDT.
Sacarino é un rapaz inxenuo e algo torpe, botones dun periódico chamado El aullido vespertino. Ten moitas tarefas que realizar pero sempre intenta escaquearse do traballo. Por culpa dos seus xogos, Sacarino provoca confusións e barullos nas oficinas.
Reto nº5: Superlópez
Acaba de estrenarse a película Superlópez, que está baseada nunha famosa serie de historietas co mesmo nome. Veña, imos investigar un pouco para responder as 5 preguntas deste reto:
1. Quen é o seu creador?
2. En que ano se publicou por primeira vez?
3. A que superheroe se parodia nestas historietas?
4. En que planeta naceu Superlópez?
5. Como se chama a súa novia?
22/11/18
Cómics: Zipi y Zape
Serie de historietas de humor creada por José Escobar a partir de 1948, para a editorial Bruguera.
Narra as andanzas de dous travesos irmáns, un rubio (Zipi) e outro moreno (Zape), que viven cos seus pais: Don Pantuflo e Doña Jaimita.
18/11/18
Prepara o teu blog para o Nadal
Queres decorar o teu blog para o Nadal? Aquí tes algunhas ideas:
https://www.todopatuweb.net/news/los-mejores-widgets-y-gadgets-para-decorar-tu-web-en-esta-navidad/
https://www.amorsevillista.com/2013/12/efectos-de-navidad-para-blogger.html
http://www.ciudadblogger.com/2011/12/mas-luces-de-navidad-en-el-blog.html
http://www.ciudadblogger.com/2010/12/trineo-de-santa-claus-en-el-blog.html
http://www.rosavecina.net/2014/10/burbuja-explota-nieve-gadget.html
https://www.todopatuweb.net/news/los-mejores-widgets-y-gadgets-para-decorar-tu-web-en-esta-navidad/
https://www.amorsevillista.com/2013/12/efectos-de-navidad-para-blogger.html
http://www.ciudadblogger.com/2011/12/mas-luces-de-navidad-en-el-blog.html
http://www.ciudadblogger.com/2010/12/trineo-de-santa-claus-en-el-blog.html
http://www.rosavecina.net/2014/10/burbuja-explota-nieve-gadget.html
Cómics: Lucky Luke
Lucky Luke é unha serie de historietas situadas no lonxano oeste e protagonizada por un vaqueiro, Lucky Luke, coñecido por ser máis rápido ca súa sombra. El se enfronta ao crime e a inxusticia, detén foraxidos e escolta caravanas.
Foi creada polo debuxante belga Morris e conta con varios guionistas, entre eles Goscinny, o creador de Asterix.
Reto nº 4: Mafalda
Empezamos un reto novo, a ver canto sabedes sobre esta nena: Mafalda.
1. Quen é o seu autor?
2. En que revista se publicou por primeira vez, no ano 1964?
3. En que país?
4. Que é o que máis "odia" Mafalda?
5. Cómo se chaman estes personaxes?
14/11/18
Cómics: Rompetechos
Rompetechos é unha serie de historietas creada por Francisco Ibáñez. O seu protagonista é un home baixiño cunha moi mala visión, o que dá lugar a situacións cómicas.
Rompetechos publicouse por primeira vez no ano 1964 na revista Tío Vivo, da editorial Bruguera.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









































