Mostrando entradas con la etiqueta publicidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta publicidade. Mostrar todas las entradas

27/3/14

Xogando cos slogans


Un slogan  é unha frase publicitaria que identifica un produto determinado.
Moitas marcas teñen slogans que son moi coñecidos, pero... seriades capaces de identificar de que marca son?
Propoñemos un xogo: imos poñer tres slogans, a ver se sabedes  a que marca ou produto representan.

1º: ... te da alas

2º: Porque tú lo vales

3º: I´m loving it.

É moi fácil, e recordade que podedes participar todos desde casa poñendo as solucións nos comentarios.




18/12/13

Xornada de publicidade: anuncio 5

E o último anuncio é un anuncio solidario para compartir xoguetes neste Nadal.
Participade nas campañas de recollida de xoguetes.

15/12/13

Xornada de publicidade: anuncio 4

O cuarto anuncio que vimos é de roupa deportiva Domyos, das tendas Decathlon. Cunha música pegadiza, baile e moitas cores.

11/12/13

Xornada de publicidade: anuncio 3

O terceiro é un anuncio colombiano de Macdonalds, no que podemos ver como nos ofrecen regalos para que consumamos o seu produto. Ademais os regalos son moi diferentes para nenos e para nenas.

9/12/13

Xornada de publicidade: anuncio 2

O segundo anuncio chámase Abrazar a vida, e é unha campaña de tráfico para o uso do cinturón de seguridade.

8/12/13

Xornada de publicidade

O pasado xoves 29 todo o colexio tivemos unha sesión de publicidade na que vimos varios anuncios.
O 2º ciclo vimos en total cinco anuncios publicitarios que nos presentaron os profes e os comentamos en grupo.
O primeiro chámase Publicidade engañosa e trata de como transforman ás modelos para que parezan máis guapas no anuncio.

O xogo dos logos 10

Moita participación e moitos acertantes no anterior xogo. Estas son as solucións:
1º: Lacoste
2º: Adidas
3º: Mario Bros
 E houbo once persoas que acertaron: David, Miguel, Nahuel, Hugo C., Sara, Salka, Yazmina, Alba D., Fran M., Hugo E. e Isaac (6ºB)

E estes son os novos logos:



Seguro que non son moi difíciles.

1/12/13

O xogo dos logos 9

As solucións ao xogo nº 8:
1º: Android
2º: Audi
3º: Bic
Os acertantes foron: Jose, Hugo c., Hugo E. e Roque (6ºB)

E estes son os novos logos:



18/11/13

Anuncios publicitarios: "Maleta" e "Patinete"


Dous coñecidos anuncios do ano 1989, protagonizados por un can, e que levaron o Gran Premio de publicidade en Cannes.
Unha mensaxe dende a propia televisión: non é bo pasar tanto tempo diante da tele.