Mostrando entradas con la etiqueta bichos raros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bichos raros. Mostrar todas las entradas

12/3/13

O bicho raro nº 10: O loris


Pois esta vez parece que foi un pouco máis difícil. Este animal é un loris (nycticebus), un pequeno primate que vive en Asia e está en perigo de extinción.
Poucos acertantes: Nahuel, Víctor, Hugo E. e Anxo foron os únicos que o acertaron. Noraboa!
Para máis información:

Co loris xa damos por rematada esta actividade dos bichos raros, pero continuaremos cunha nova actividade na que tamén serán protagonistas os aninmais. Estade atentos!

25/2/13

Que bicho máis raro nº 10

Isto está moi animado,. Cada vez acertan máis rapaces. A ver se sabedes como se chama este bicho.


Veña, ánimo, que non é tan difícil. E tede coidado ao enviar o comentario, asegurádevos antes que está pendente de publicación-

24/2/13

Bicho raro nº9: o tapir


Pois non, non era un oso hormigueiro, este animal chámase tapir. A pesar de que algúns se equivocaron houbo bastantes acertos: Alba G., Miguel, Iván, Sara, Hugo C., David, Anxo, Hugo E. e Nahuel dixeron o nome correcto.
Máis información nestes enlaces:


14/2/13

Que bicho máis raro nº9

Ben. aquí temos outro bicho raro, parece un porco pero con ese nariz tan longo...


Sabedes como se chama? Veña, esperamos os vosos comentarios.

13/2/13

Que bicho máis raro nº8: O narval


Pois o bicho raro nº 8 é un tipo de balea: o narval, que algúns chaman a balea unicornio polo longo corno que ten.
Esta vez houbo moitos acertantes: Sara, Iván, Nahuel, Miguel, Alba G., Noemi, Víctor, Anxo, Hugo E. e Peque. Noraboa a todos!
Se queredes máis información sobre este fantástico animal, podedes consultar estas páxinas:
http://www.ballenapedia.com/ballena-narval/
http://fordivers.com/es/fauna/especie/narval/

29/1/13

28/1/13

O bicho raro nº7: A aguia harpía


pois este é o bicho raro nº7, é un aguia harpía, a maior ave depredadora do Amazonas.
E estes foron os gañadores, pois acertaron o seu nome: Iván, Anxo, Sara, Víctoe e Hugo E.
Máis información:
http://es.wikipedia.org/wiki/Harpia_harpyja
http://www.tunki.info/aguilaharpia/
http://www.aguilaharpia.org/aguila-harpia-karla.html

16/1/13

Que bicho máis raro nº7

Despois de moitos días, estamos de volta outra vez. E imos empezar cos bichos raros. A ver se sabedes como se chama este, que parece que ten cara de poucos amigos:


Esperamos a vosa participación.

8/1/13

O bicho raro nº6: O peixe escorpión


Este é o bicho raro nº6, trátase dun peixe escorpión, tamén chamado peixe león ou peixe cebra.
E houbo algúns rapaces que o acertaron: Anxo, Víctor, Sandro e Hugo E.
Noraboa aos catro!

18/12/12

Bicho raro nº5: O pangolín


Pois este é o bicho rao nº5, chámase Pangolín e aínda que ten escamas é un mamífero. É un animal parecido ao armadillo, pero non é o mesmo animal.
Esta vez só temos tres acertantes: Anxo, Iván e Hugo E. Noraboa aos tres!
Se queredes saber máis:
http://www.faunatura.com/misterios-naturaleza-pangolin.html

10/12/12

Que bicho máis raro (5)


Este si que é outro bicho raro, parece un guerreiro coa súa armadura.
Sabedes como se chama?
Veña, que non é tan difícil.

9/12/12

Que bicho máis raro: o picozapato


Pois o bicho raro nº 4 é esta ave tan peculiar, chamada picozapato, ou tamén shoebill e whalehead en inglés.
E, aínda que era algo difícil, temos algúns acertantes: Hugo E., David, Víctor, Anxo e Sara.
Noraboa aos cinco!

Podedes atopar máis información sobre este animal no seguinte enlace:
http://eos-v.blogspot.com.es/2010/02/picozapato-balaeniceps-rex.html

2/12/12

Que bicho máis raro (4)

Aquí temos outro bicho raro. Parece que está enfadado.
Sabedes como se chama?
Veña, ánimo, participade!

30/11/12

Que bicho máis raro: o peixe mancha (blobfish)


Este é o bicho raro nº3. Trátase do blobfish, tamén coñecido como peixe mancha ou peixe moco.
Os gañadores, pois acertaron correctamente o seu nome, foron: Iván, Anxo, Hugo E. e David.
Noraboa aos catro!
Seguide atentos, pois pronto teremos o bicho raro nº4.

25/11/12

Que bicho máis raro (3)


Este si que é un bicho ben raro.
Se sabedes o que é, podedes deixar o voso comentario no blog.
Veña, participade!

23/11/12

Que bicho máis raro: o dragón de mar


Pois xa temos gañadores do segundo bicho raro. Iván e Sara recoñeceron que era un cabaliño de mar, pero Hugo E. e Noemi dixeron o seu nome correcto: dragón de mar.

Se queredes saber máis cousas sobre estes estraños animais, podedes consultar estas páxinas:
http://www.faunatura.com/dragon-mar-nuevo-especial-banner.html
http://www.caballitodemarpedia.com/dragon-de-mar-foliado/


15/11/12

Que bicho máis raro! (2)


Isto que parece unha planta non o é. Trátase doutro animaliño moi raro.
Sabedes o seu nome?
Podedes participar deixando as vosas respostas nos comentarios desta entrada.
Esperamos a vosa colaboración!

13/11/12

Que bichos máis raros: o topo de nariz estrelada


Pois xa temos moitos nenos que adiviñaron o nome deste bicho raro.
Fran, Aarón, Víctor, Ángel, Anxo, Iván, Hugo E. e Miguel  dixeron que este animal é un topo. Teñen razón, pero Nahuel, Alba G, Alba D. e Sara atoparon o nome completo: un topo de nariz estrelada.
Noraboa a todos! Xa sabedes que tedes un pequeno premio.



Atentos ao blog, que mañá teremos un novo bicho.

11/11/12

Que bicho máis raro!

Imos empezar cun xogo no que podedes participar todos, tanto pais como alumnos. Podedes facelo dende o cole ou dende a vosa casa. Só tedes que deixar as vosas respostas nos comentarios.
E aí vai o primeiro. Sabedes que animal é este? Parece un pouquiño raro...