16/11/13

Lecturas recomendadas: A marabillosa medicina de George

A avoa de George ten unhas cousas un pouco raras. A verdade é que non é unha persoa moi agradable. Cre que as eirugas e as lesmas son deliciosas e o que máis lle gusta son os escaravellos ben renxentes. Nada do que fai George está ben feito a ollos da avoa, de xeito que cando é hora de que ela tome a súa medicina, George decide darlle unha dose da que ele mesmo preparou, unha beberaxe dunha chea de produtos que foi intducindo na pota como mellor lle pareceu. 
“A marabillosa medicina de George” é un dos máis coñecidos e divertidos libros de Rold Dahl. Desbordante de fantasía e humor demostra que a maxia pode ser combatida só con maxia. Un clásico da literatura infantil do século XX, ilustrado por Quentin Blake e traducida ao galego por Moisés R. Barcia.


Máis información neste blog:
http://ascousasdaclase.blogspot.com.es/2010/11/marabillosa-medicina-de-george.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario