Mostrando entradas con la etiqueta nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta nadal. Mostrar todas las entradas

14/1/19

Festival de Nadal 2018

O pasado día 21 de decembro celebramos no cole o Festival de Nadal, no que cantamos varias panxoliñas en inglés e en galego e fixemos un baile. Todo saiu moi ben, moitas grazas aos profes  Jaime e a Paz polo seu traballo.



Nadal 2018 (2)

E celebramos o sorteo da cesta de Nadal. O número premiado vendeuno Miguel, de 6ºB. Noraboa!!


30/12/16

Nadal sen fronteiras: hallaca venezolana

Os pais de Fran quixeron compartir con nós un prato típico de Nadal do seu país, Venezuela: a hallaca. 
Tiveron a amabilidade de preparalo para que o probásemos e ademais nos explicaron e documentaron como se facía.
E podemos dicir que é un prato moi rico e saboroso. Moitas grazas a Rosely e Antonio.
A hallaca faise con fariña de millo, pero en Venezuela úsase a preparada, que se coñece como fariña de PAN.
Por dentro da masa colócase o guiso, que se fai con carne picada en dados e se adoba e se aliña, e se deixa dun día para outro.
Ao día seguinte se hallaca, se lle coloca olivas, alcaparras, uvas pasas, unha tira de pemento, cebola e se envolve nunha folla de plátano, que lle dá un sabor peculiar.
O día da cena tómase a hallaca, ensalada de galiña, pan de xamón e pernil.







20/12/15

Festival de Nadal e Boas festas!


O venres celebramos o festival de Nadal. Houbo unha actuación con panxoliñas e concerto musical, e un baile.
Nico e Eloi participaron dando un mini concerto de violín e Diana e Sabela bailando.
Moi ben a todos!



E despois.... CHOCOLATE CON CHURROS!


Os alumn@s de 4ºB desexamos a todos unhas boas vacacións e Felices Festas!


20/12/14

Bo Nadal!


Xa rematamos o 1º trimestre e imos disfrutar dunhas merecidas vacacións.
Onte rematamos este trimestre con varias actividades de Nadal: decoramos a aula, escoitamos as panxoliñas dos compañeiros de 6ª e tomamos o chocolate.
BO NADAL A TODOS!