Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas

22/6/19

Teatro

Os alumnos e alumnas de teatro nos ofreceron o pasado mércores a representación das tres obras que prepararon.
O alumnado de 6º interpretou unha versión moi divertida do conto da Cincenta. Son todos uns artistas!!


19/6/17

Teatro no cole

Os alumnos e alumnas que participan na actividade extraescolar de teatro fixeron dúas representacións para todo o colexio. Entre eles participaron alumnos e alumnas de 5º: Andrea, Javi, Noa, Uxía e Brais. 
Estiveron todos super ben, e o pasamos estupendo coas dúas obras.

8/10/12

Merlín, Artur e Morgana

Hoxe estiveron no colexio dous actores da compañía Os Quisquilláns, para presentarnos o seu novo espectáculo: Merlín.
O rei Artur e Morgana contáronnos a súa historia e a do mago Merlín, e animáronnos a acudir ao Auditorio de Cangas o próximo xoves 11 de outubro para ver o seu espectáculo.
Iván e Salka xa non teñen que comprar a entrada, pois gañaron unha ao contestar as preguntas que nos fixeron.





Se queredes máis información sobre este teatro, facede clic na seguinte imaxe:


E neste outro enlace, sobre Os Quinquilláns:


20/11/11

Robin Hood


O pasado mércores fomos a Vigo a Vigo a ver unha obra de teatro no Centro Cultural de Novacaixagalicia. Foi unha obra moi divertida, feita en inglés e na que actuaban dous actores. Tamén puideron participar como actores varios nenos e nenas dos colexios que estabamos alí. Do noso cole participou Valeria, que tivo que facer de Lady Marian. O fixo xenial!





A obra trataba da lenda de Robin Hood:
A lenda dun bandido heroico, a súa banda de ladróns e unha dama en apuros. O malvado Sheriff de Nottingham, un home malhumorado e avaricioso, está a lles cobrar impostos aos pobres cidadáns. Robin Hood, coa axuda da súa banda, The Merry Men, utilizan humor, música e a participación do público para aliviar a dor dos pobres.

Da lenda de Robin Hood fixéronse moitas películas e series. Entre elas, está a versión de debuxos animados de Disney:



Se queredes ver unha das escenas desta película, podedes visitar o blog de Valeria:
http://oespazodevaleria.blogspot.com/2011/11/cancion-de-robin-hood.html

Unha das escenas máis divertidas sobre Robin Hood está na película de Shrek: