Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas. Mostrar todas las entradas

19/5/14

Letras Galegas

O pasado sábado 17 de maio celebrouse na nosa Comunidade o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Xosé Mª Díaz Castro.
Para traballar a este escritor aproveitamos a información que había nos carteis colocados no patio e saímos a facer unha ficha sobre a súa vida e os seus poemas. Alí tamén coincidimos cos alumnos de 2º.


Letras Galegas 2014 - Movie Maker

Se queredes máis información, visitade o noso blog da Biblioteca:

15/5/13

Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño


Xa sabedes que mañá é o Día das letras Galegas, e que este ano está dedicado ao escritor Roberto Vidal Bolaño. 
Ademais do que traballamos en clase, se queredes saber máis cousas sobre este personaxe visitade o blog da Biblioteca e alí podedes atopar recursos sobre el.

15/5/12

Recursos Letras Galegas

O 17 de maio celebramos na nosa comunidade o Día das Letras Galegas. Este ano está adicado ao escritor Valentín Paz Andrade. Aquí tedes varias actividades recompiladas doutros centros:

Do CEIP Condesa de Fenosa (O Barco - Ourense):


Actividade Lim:

Do CEIP Frián-Teis (Vigo):




Do CEIP Mestre Valverde Mayo (Mos - Pontevedra):


CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia - Ourense):



Poemas audiovisuais:














1/3/12

Rosalía de Castro

O pasado 24 de febreiro conmemorouse o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Unha das nosas compañeiras, Ainoa, recompilou información sobre a biografía esta autora e logo, axudada por Andrea, recitaron e cantaron dous dos seus poemas: Negra Sombra e Adiós ríos, adiós fontes.







Este é un resumo da súa biografía:
Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. Era filla dun sacerdote e dunha fidalga vida a menos.Os primeiros anos da vida de Rosalía transcorreron en diversos lugares: Ortoño, Padrón... De aí viríanlle á escritora o seu coñecemento natural do galego e da cultura rural, e a inclinación solidaria cara aos homes e mulleres labregos. Instalada xa dende a adolescencia en Santiago, Rosalía participa nas actividades culturais do "Liceo de la Juventud", onde destacou como actriz. Trasladouse a Madrid, de onde regresa en 1858 casada con Manuel Murguía, o cabezaleiro do movemento rexionalista. Dende entón a vida de Rosalía estivo marcada pola inestabilidade laboral do seu home, cuxos empregos dependían dos avatares políticos. Con permanentes dificultades económicas e peregrinando por distintos puntos da xeografía española ata que en 1875 se instala de maneira case definitiva en Padrón, Rosalía foi nai de sete fillos, aínda que un deles morreu cun ano e medio e unha das fillas naceu morta
Aínda que parte da súa produción está en castelán, foron Cantares gallegos e Follas novas os dous poemarios que a converteron na escritora máis coñecida en idioma galego, non só entre os especialistas senón entre a xentes común. Ao castelán volvería Rosalía en 1884, con En las orillas del Sar,
Rosalía morrería o 15 de xullo de 1885 en Padrón, logo de ordenarlles ás súas fillas que queimasen os seus manuscritos. Por desgraza, obedeceron. Enterrada nun primeiro momento en Iria, no cemiterio de Adina que ela cantara, en 1891 os seus restos foron trasladados ao Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval (Santiago). 


ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES


Adiós, ríos; adios, fontes;

adios, regatos pequenos;

adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
 amoriñas das silveiras
 que eu lle daba ó meu amor,
 camiñiños antre o millo,
 ¡adios, para sempre adios!



NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran,
es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me deixarás ti nunca,
sombra que sempre me asombras.
Nin me deixarás ti nunca
sombra que sempre me asombras.


Negra sombra. Luz Casal por pelusilla

17/5/11

Letras Galegas


Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano está dedicado ao poeta Lois Pereiro. Se queredes saber sobre el , visitade o blog da Biblioteca, cunha páxina dedicada a este autor, con información e recursos:

http://buliletrasgalegas2010.blogspot.com/

Pola nosa parte xa empezamos a traballar na clase. Chegaron uns fermosos carteis sobre a súa biografía e realizamos unha ficha de recollida de información. A fixemos no patio, que estamos máis fresquiños!



>