O venres celebramos o festival de Nadal. Houbo unha actuación con panxoliñas e concerto musical, e un baile.
Nico e Eloi participaron dando un mini concerto de violín e Diana e Sabela bailando.
Moi ben a todos!
E despois.... CHOCOLATE CON CHURROS!
Os alumn@s de 4ºB desexamos a todos unhas boas vacacións e Felices Festas!
Unha animada recomendación musical feita por Rebeca, a irmá de Diana: El Mismo Sol, de Álvaro Soler.
Canción muy alegre y movida, cargada de positivismo que te hará pasar buenos momentos, tanto solo como acompañado. Además, hace referencia a la unión de todas las culturas, las cuales, como el título indica, están bajo "el mismo sol". Rebeca
La batalla de los monstruos y las hadas.
Graciela Montes
Ilust: Ximena Maier
Ed. Alfaguara
Trata de un perro que cuenta la historia de sus dueños: que el chico pelea con los ascos y la chica con las hadas. Con el tiempo fueron haciendo las guerras y, al pasar cuarenta días, hicieron las paces, recogieron todo y llenaron diez bolsas grandes de basura. Al día siguiente era Carnaval.
Me ha encantado porque los ascos eran asquerosos y simpáticos, y las cocinitas de hadas también. La guerra fue muy guay y divertida.
Trata dunha moza moi guapa que é profesora. Logo se volveu un pouco branca, se lle estropean as mans, etc. E algúns pensan que se volveu vampira.
Máis tarde, un neno chamado Breixo regaloulle unha flor e Xela, a profesora, olvidouna. O neno foi darlla e no camiño atopou un anano máxico que fixo que Breixo vise o que pasaba dentro da casa de Xela. Non se volvera vampira, o que pasaba era que o seu marido a trataba moi mal. E por iso o converteron nun porco.
Gustoume moito porque o libro describe distintas emocións. Tamén me gustou que ao final estivesen todos felices.
As mulleres teñen dereito como todo o mundo a vivir en paz e non ser pegadas nin maltratadas por outras persoas. Hai que deixalas en paz. Javi e Lucas
Os homes non poden maltratar as mulleres, non poden maltratar a ninguén. Ágata e Andrea
Iso está fatal, porque as mulleres tamén teñen dereitos e poden facer o que queiran elas. Non hai que matalas, nin maltratalas nin discriminalas. Diego e Sabela
As mulleres necesitan respecto, como todas as persoas.
A violencia de xénero é moi mala.
Os dereitos das mulleres son moi importantes. Nico
As mulleres teñen que ter dereitos!
Non hai que maltratar as mulleres! Eloi V.
Queremos que iso pare xa. As mulleres tamén son persoas.
Nos merecemos algo mellor! Diana e Noa
Non a violencia de xénero! Non máis mortes! Eloy e Uxía
Francisco Javier, o pai de Marcos, recoméndanos escoitar un famoso tema de Queen: Bohemian Rhapsody.
"Además de ser mi grupo favorito, esta canción tiene una mezcla de rock sinfónico, coros y melodía clásica que me encanta. Primer videoclip de la historia." Francisco Javier
El misterio de los árbitros dormidos.
Colección Los Futbolísimos
Enrique Lorenzo
Ed. S.M.
Había una vez un niño que se llamaba Francisco que iba a tirar un penalti,y si lo metía podía conseguir un récord mundial. Pero había fallado cinco penaltis seguidos en cinco partidos. Luego se había colado en la casa de un entrenador de un equipo que se llama Islantilla.
Al final pusieron una grabación en la que aparecía él diciendo que le gustaba una chica y que tenía una cita con ella. Y luego se besaron.
Me gustó mucho, porque era de fútbol y porque daba un poco de risa.
Nova recomendación musical para amenizar o noso blog.
Esta vez é de Tomás, o pai de Nico.
Recoméndnos esta fermosa canción do grupo The Waterboys, chamada The fisherman´s blues.
Trata dunha familia que se foi vivir a unha casa onde o corredor estaba cheo de fantasmas.
os fantasmas só os podía ver unha nena que lle tiña moito medo.
Xildas Antonio Manuel Fraga Ed. Sushi Books Catuxa, Uxía, Ulises e Vicente axudan a Xildas a atopar un novo fogar. Consiguen tamén que Xildas atope a súa familia. Gustoume. Tiña moita pena de Xildas. Ao final atopa a súa familia grazas a catro nenos moi bos.
Menuda semana levamos, todo o cole cheo de cabazas, bruxas, vampiros...
Hoxe foi o día grande: festa de Halloween na clase de Inglés, visita a exposición de cabazas de Infantil e 1º ciclo, e visita á Biblioteca, que estaba moi ben ambientada. Gracias, Susana!
Dentro do proxecto deste curso iniciamos unha actividade para involucrar tamén a todas as familias.
Pedimos a todas que colaboraran facendo recomendacións musicais, que iremos publicando neste blog.
A primeira esta feita por Miguel, o pai de Eloi.
Trátase da canción With a little help from my friends do grupo The Beatles.
Todo un clásico que seguro que lle vai gustar a todos.
Esta canción amosa sentimentos de melancolía e ledicia, que desembocan nun ambiente festeiro. Oda a amizade e a posibilidade de compartirmos fracasos e éxitos.
Xonás o pescador
Reiner Zimnik
Ed. Kalandraka
Colección 7 Leguas
O protagonista é Xonás, un pescador que estaba pescando no río Sena, o río máis importante da cidade de París.
Xonás sempre quería pescar un peixe moi grande, pero sempre collía peixes moi moi pequenos. Ata que unha vez Xonás probou a poñer unha sardiña de cebo na súa cana de pescar. E así, un día pescou un peixe moi moi grande.
Por último Xonás foise para a súa casa co seu peixe.
Cando chegamos nos dividimos en tres grupos. O noso grupo (menos Ágata e Uxía que marcharon cos de 3ºB) fomos a ver os petroglifos cun dos monitores, que nos explicou moi ben como os facían e como vivían as xentes de esa época, fai máis de 4000 anos.
O petroglifo do cervo é moi bonito!
Logo levounos a ver a réplica dun poboado, onde aprendimos como eran e como facían as súas casas.
Eran moi pequenas!
Ao rematar esta visita unha das monitoras acompañounos ao obradoiro, onde nos explicou como os homes primitivos facían música e ensinounos moitos dos seus instrumentos, feitos de ósos, madeira, cunchas, cornos de animais...
E logo tocounos a nós facer un instrumento: unha bramadeira. Fixémola cun trozo de madeira e unha corda. Antes tivemos que preparala como se fósemos nenos prehistóricos: cun trozo de pedra de sílex. E as pintamos con óxido de ferro e carbón.
Logo de probar como soaban as nosas bramadeiras, merendamos un pouco e entramos no edificio para ver o Centro de Interpretación do Parque.
E xa nos quedou moi pouco tempo para ir ao Labirinto.
O pasamos moi ben e foi unha visita moi interesante.
Pregunta a Dra. Peteiro sobre o tempo.
Claire Llewellyn
Ilust: Kate Sheppard
Ed. Baía
O libro trata duns animais que teñen problemas. Eles escríbenlle cartas á Dra. Peteiro e ela lles dá consellos.
tamén te explica o ciclo da auga, sobre as nubes e a chuvia, o xeo e a neve, tormentas perigosas e as estacións.
Gustoume porque me ensina moitas cousas e explica como hai que facer para non ter problemas.
Esta semana tocoulle o turno a Andrea, que nos ven presentar unha canción: Suena la pelota, de Alejandro Sanz.
Me transmite libertade, ganas de vivir toda a vida, amizade, un sentimento especial. E está canción transmíteme ser eu mesma. Escollín esta canción porque o meu avó a escoitaba, porque coa miña nai lle facía feliz. Andrea
Escoitamos a canción:
E despois dun intenso debate, estas son as nosas conclusións:
A min me carga as pilas, dame diversión como se estivese nunha película. Tamén me causa alegría e ganas de moverme. Eloi Me causa alegría, emoción, alégrame o corazón, dame enerxía, éncheme a alma de enerxía, danme ganas de poñerme a bailar. Esta canción me recorda moito a miña nai, que lle gustaba moito Alejandro Sanz. Sabela A min esta música me causa alegría, ganas de facer cousas, ganas de bailar. Nico Danme ganas de vivir aventuras e estar feliz de por vida, é moi moi alegre. É moi bonita, exprésame ganas de bailar moito. Diego A min danme ganas de facer cousas, e tamén moita alegría, e de estar activo. E tamén de cargarme as pilas. Xian Sinto que podo facer calquera cousa, ata cantar, porque é alegre. Ari Transmíteme alegría e ganas de facer cousas. Carlos
Como o libro ten 29 historias, vou escoller unha que se chama A historia das cabezas de herba.
Trata sobre un barbeiro que non tiña pelo, así que plantouse herba na cabeza para non deixar a calva ao descuberto. pero a herba na cabeza púxose de moda e tiñan que ter coidado coas vacas.
Gustoume porque as historias son moi boas e disparatadas, e están moi ben.
Mozart
Manuel Veiga y Dolores Martínez
Ilust: Charlotte Voake
Colección: Descubrimos los músicos
Ed. Combel
El libro trata de que su hermana estaba tocando y le preguntó si él quería tocar. Y sin decir ni una palabra empezó a tocar de maravilla. El emperador le pide que le toque una pieza de música sin mirar el instrumento ni las manos. Luego oyó una melodía dulce y dijo:
- Yo también quiero componer música de iglesia.
A mi sí que me ha gustado, porque me gusta la música de Mozart. Este libro me gustó mucho porque desde muy pequeño hasta mayor no paró de tocar.
Lía e as zapatillas de deporte.
María Reimóndez
Ilust: Iván Sende
Colección Merlín
Ed. Xerais
Trata dunha nena chamada Lía, que o día de Reis Magos trouxéronlle unhas zapatillas con vida. A nai díxolle que estaban feitas por nenos e nenas que tiñan que traballar.
Lía mandou unha carta a unha empresa pedíndolles un favor, que era que reflexionasen e que retirasen o apoio á empresa.
Gustoume porque non sabía que había nenos e nenas que tiñan que traballar, e tampouco sabía o que era o comercio xusto. Fíxome gracia cando as zapatillas falaban.
Seguimos co noso proxecto da asignatura de Valores, unindo música e emocións.
Esta vez tocoulle o turno a Eloi, que escolleu tamén un tema dunha banda sonora dunha película: Titanic, composta por James Horner.
Presentación:
Esta música me causa emoción porque cando a escoito me recorda moito ao meu avó. Entón tamén me causa tristeza, porque claro, o meu avó morreu. Como vin a película, ao escoitar a banda sonora, sinto bastantes cousas, como tristeza, alegría, emoción... NUNCA ME ABURRIRÍA DE ESCOITALA.
Eloi
Escoitamos con atención:
E debatimos sobre o que sentimos, tamén comentamos a historia do Titanic. E ao rematar o poñemos por escrito o que a música nos suxire.
A min esta música prodúceme tristeza. Me gustou moito a parte na que entra o vento e tamén, aínda que non vin a película, recórdame ao Titanic. Nico
Eu sinto moita tristeza, un pouco de alegría, dolor, escalofríos...ao final un pouquiño de medo e outra vez tristeza. Sabela
Eu sentín angustia, escalofríos, tamén tristeza, inxusticia, amor pola xente. Tamén unha vida mala. Moitísima tristeza. Andrea
A min me produce tristeza, escalofríos e un pouco de alegría. Carlos
Tristeza, escalofríos, Case choro porque o meu avó morreu no mar cando naceu a miña nai, ela non o coñeceu. Ari
Pois a min provócame tristeza cando os pobres se afunden, é moi inxusto que só deixaran subir nos botes salvavidas aos ricos e que os pobres morresen todos no barco. E tampoco que na parte de arriba estivesen só os ricos, e na parte de abaixo os pobres. Pero eu creo que o pasaban mellor os pobres cos súa música celta. Xian
A min cáusame moita tristeza porque me imaxino toda a xente morrendo na auga, se me poñen os pelos de punta. Para min Eloi fixo ben en escoller esta música. Diego
Esta banda sonora é moi bonita, pero deixounos un pouco tristeiros.