Mostrando entradas con la etiqueta linguaxes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta linguaxes. Mostrar todas las entradas

15/11/13

O alfabeto Braille


O Sistema Braille é un alfabeto que permite ás persoas cegas ler, escribir, compoñer ou dedicarse á informática.
Este invento é obra da imaxinación de Louis Braille.
Braille foi un profesor francés que naceu no ano 1809. Cando tiña tres anos tivo un accidente polo cal quedouse totalmente cego.
Con 10 anos entrou no Instituto para Mozos Cegos de París e anos máis tarde chegou a ser profesor deste centro. Mentres traballaba alí inventou este método que o fixo famoso.
 O Braille é unha lectura táctil baseada en puntos e guións en relevo sobre un cartón. Cada símbolo son seis puntos que se combinan de forma diferente para formar as letras, os números, os signos de puntuación Os lectores van pasando as xemas dos dedos por cada liña de puntos de esquerda á dereita, e deste xeito poden ler máis de cen palabras por minuto, aínda que se poden ler moitas máis usando ámbalas dúas mans á vez.
Hoxe en día, e grazas a este invento, creáronse máquinas para escribir e ordenadores especiais para invidentes.


6/7/11

Linguaxe de signos + Aspansim

No mes de xuño Nuria veu ao colexio a explicarnos como se comunicaban as persoas xordas e ensinounos a linguaxe de signos.

Linguaxe de signos on PhotoPeach

 Queredes practicar un pouco a linguaxe de signos? Prestade atención a este vídeo.



Tamén estiveron no colexio membros da asociación Aspansim, que nos ensinaron as actividades que eles fan. Ademais participamos nunha actividade moi bonita na que tivemos que facer un traballo con materiais recollidos na praia. Desta actividade non temos fotos, pero se queredes saber máis sobre esta asocoación, recomendamos que visitedes o seu blog:

http://aspamsim.blogspot.com/