Mostrando entradas con la etiqueta exposicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta exposicións. Mostrar todas las entradas

18/6/12

Visita a exposición: Polos camiños de Cangas

Hoxe por fin visitamos a exposición Polos camiños de Cangas, na que se mostran todos os traballos feitos no cole co tema do proxecto deste curso. Participou todo o cole, con traballos tamén envíados dende casa.
José María fíxonos de guía e explicounos algunhas cousas sobre Cangas e algúns dos materiais expostos.
Hai un montón de traballos: debuxos, murais, maquetas, aparellos antiguos, fotografías, traxes e ata unha proxección sobre a danza de Aldán. Tamén estban os nosos traballos. 
Gustounos moito, e pareceunos moi interesante.



10/6/12

Os traballos para exposición

Xa está montada a exposición "Polos camiños de Cangas", na que se recollen algúns dos traballos que realizamos este curso sobre o proxecto de Cangas. Tamén hai moitas maquetas enviadas polas familias, traxes típicos, aparellos,...
O noso curso aportou algúns traballos:

Os murais das follas recollidas na fraga de Coiro:




Unha maqueta do faro e a escultura O Galeón, feita por Gabriela, Andrea e Ainoa:



Unha maqueta dun barco pesqueiro traída por Ángela e a sua prima Marta:


O libro "Cangas no pasado", feito en clase coas fotos aportadas polas familias de Brais Lagoa, Andrea, Gabriela, Isaac, Darío e Julio.



O libro "Cangas", feito por todos con imaxes e descricións de lugares de Cangas:


O libro Rato Tom, Rata Tomasa, con debuxos do conto feitos por nós:


Un mural sobre as igrexas e capelas de Cangas, feito por Gabriela e a súa nai:


No mural de Música figuran as fotos de Darío, Brais L., David, Valeria, Paola e Ángela tocando instrumentos:

Quedounos por expoñer o mural sobre Massó que temos no corredor ao lado da clase: