Mostrando entradas con la etiqueta maios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta maios. Mostrar todas las entradas

26/6/17

Os maios: Rubén e Xian 5ºA

OS MAIOS

Queremos o recreo,
nos encanta o pavillón,
queremos máis deporte
e xogar ao ping-pong.
Bonita primavera,
é preciosa e linda,
querémola moito,
para que non se rinda.
Todos son amigos,
non te sentas mal,
sé moi tranquilo
e mira ao rosal.
          RUBÉN e XIAN 

25/6/17

Os maios: Marisé e Aitana 5ºA

OS MAIOS

O maio xa está aquí
trae flores de cores,
porque é primavera
e hai moitos amores.
O maio é un agasallo
e temos que celebralo,
con moita xente
e moitos regalos.
No maio descansamos
e soan os paxaros
para celebrar
o que amamos.
A festa dos maios
tamén celebramos
e moitos abrazos
a ti regalamos.
          MARISÉ e AITANA

22/6/17

Os maios: Ian e Ángel 5ºA

O MAIO

Odio o maio
porque empezamos as fraccións
e é o que máis odio
de todas as accións.
Aparte das fraccións
tamén odio o inglés,
hai que memorizar
e exercicios que facer.
Gústame o maio 
porque é meu cumpleanos,
e os meus pais me regalan
a festa do ano.
            IAN e ÁNGEL

15/6/17

Os maios: Xavi e Saleta 5ºA

A PRIMAVERA

Escoitade, escoitade,
que imos recitar,
porque o colexio
queremos cambiar.
A primavera é boa, 
os profes non tanto,
poucos deberes nela,
que é un encanto.
Todo o verán
queremos traballar,
e na primavera
poder descansar.
O canto dos paxaros
queremos escoitar,
porque iso para nós
e máis que disfrutar.
       XAVI e SALETA

13/6/17

Os maios: Diego e Xian 5ºB

MAIO

Maio, maíño
traes de flores
un ramiño
de moitas cores.
O paxaro
detrás da escola
fai un niño
coa súa cola.
A herba crece
con moito tesón
ela ten que
crecer un montón.
As túas rosas
teñen espiñas,
pinchan con cariño
as túas amigas.
        DIEGO e XIAN

Os maios: Pablo e Iker 5ºA

O NOSO MAIO

Este é maio
o noso mes,
cargado de flores
ata do revés.
Este é maio,
o meu primo,
antes de sabelo
era o meu amigo.
E nós no colexio
aprendendo sempre,
para de maior
ter moi boa mente.
Gústame a ximnasia
porque facemos accións,
e non me gustan as mates
porque temos fraccións.
        PABLO e IKER 

12/6/17

Os maios: Noa e Diana 5ºB

O MAIO CHEGOU
O maio chegou

con moita cor,
cantamos e rimos,
canta flor!!!
Facemos maíños
con moito esplendor,
pola primavera
pra enchela de cor.
O comezo da primavera
comeza con esta historia,
a historia de maio
que é unha nena loira.
Unha mochila
tedes que levar
ao noso maio
para celebrar.
          NOA e DIANA

Os maios: Eloi V. e Lucas 5ºB

O MAIO

Aquí estamos en maio,
en primavera,
aquí estamos en maio,
nunha nova era.
Con este poema
queremos que o pases ben,
aquí en maio,
cos vosos pais tamén.
Adornaremos o maio
con moitas flores,
adornaremos o maio
con moitas cores.
Deste poema
somos os defensores,
este poema
acabará en amores.
                ELOI V e LUCAS

11/6/17

Os maios: Uxía, Ari e Marcos 5ºB

MAIO

Maio, maio,
con moitas bolboretas
moi namoradas,
e as mulleres con pañoletas.
Chegan os maios
con moito pole
e as flores que traen
de moitas cores.
O maio chegou
con flores cargado,
os paxariños cantan
ben namorados.
Con maio
chegou a primavera
e en maio chegou
este poema.
          UXÍA, ARI e MARCOS

Os maios: Lidia, Brais e Fran 5ºA

O MAIO NO COLE

Os grupos do cole
imos protestar
por menos accións
e máis cantar.
Para o comedor
temos que comer
e para o recreo
temos que correr.
A festa do maio
con flores e froitos
e acabou o inverno
que non me gusta moito.
         LIDIA, BRAIS E FRAN

28/5/17

Os maios - Carlos e Eloy 5ºB

MAIO MAÍÑO

Maio maíño
ti es longuiño,
atraes as flores
ao noso campiño.
Maio ti es
un tanque de flores
para os nosos
queridos amores.
Maio ti es
por diante e detrás
con auga e flores
que nos traerás.
Este poema
volo dedicamos
porque queremos
porque te amamos.
                                CARLOS E ELOY 

21/5/17

Os maios - Javi e Nico 5ºB

A PRIMAVERA

Esta primavera
hai moitos tulipáns,
e son tan bonitos
que atraen ata os cans.
A primavera
é o meu amor
e este ano
lle regalo unha flor.
A primavera vén
coas mellores flores,
van encher o pobo
de diferentes cores.
Esta primavera
chámase Rita,
e voulle comprar
unha margarida.
                              JAVI E NICO 5ºB

19/5/17

Os maios - Iván e Samuel 5ºA

OS MAIOS

As flores pintan
os mantos da terra,
os paxaros cantan
coa súa beleza.
A primavera chega
co seu esplendor,
que o inverno dorme
con moita dor.
Este maio
nos deixa un regalo,
a beleza do canto
do meu galo.
                            IVÁN E SAMUEL 5ºA

18/5/17

Os maios - Sabela e Ágata 5ºB

MAIO MAIEIRO

Flores, floriñas,
nacen en maio
ás máis bonitas,
de todo o ano.
Namorei, namoreime,
de todas as flores,
que veñen cargadas
de moitas cores.
Os paxariños
cantan ás flores,
para que crezan
cheas de cores.
As nenas corren polo campo
cos ollos ben abertos,
para ver todo mellor,
neste maio maieiro.
                                    SABELA E ÁGATA 5ºB

17/5/17

Os maios - Alba e Iria 5ºA

Celebramos o mes de maio con coplas inventadas por nós.

OS MAIOS

Xa chega o maio
acompañado de flores,
cantando os paxaros
ao ritmo dos amores.
Acompáñame maio
para facerme sorrir,
acompáñame maio
para facerme feliz.
No mes de maio
verás moitas flores
e cantando cantando
tamén as súas cores.
Nas festas de maio
terás que cantar,
e as cores das flores,
veremos brillar.
                               ALBA E IRIA 5ºA