A partir dunha escultura aparecida no libro de C. do Medio, iniciamos unha actividade de busca de información en forma de encadeado.
Averiguamos que o 1º reto era a escultura
A Piedade de
Miguel Ángel, e que está no
Vaticano. Julio, Isaac, Ángela, Ainoa e Andrea buscaron e trouxeron a información.
O segundo reto foi averiguar a obra máis importante de Miguel Ángel que se atopa tamén no Vaticano. A resposta a aportaron Ainoa, Andrea, Isaac, Roque, Brais Lagoa e Ángela. Trátase das pinturas do teito da
Capela Sixtina.
E a súa obra máis famosa,
A creación de Adán:
A partir de aí, xa temos o 3º reto: O director de cine Steven Spielberg inspirouse nun detalle desta pintura para facer o cartel dunha famosa película súa. Sabedes de que película se tarta? De que ano é? Como era ese cartel?
A resposta a daremos o próximo venres. Ide investigando!
Se queredes máis información e enlaces sobre os temas dados nos retos, visitade a nosa páxina:
http://ascousasdaclase.blogspot.com/p/os-retos.html