Mostrando entradas con la etiqueta museos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta museos. Mostrar todas las entradas
29/11/18
3/4/18
Saída a A Coruña e Santiago (6/03/18)
Por fin... xa temos as fotos da saída que fixemos para visitar o MUNCYT en A Coruña e o MUPEGA en Santiago que fixemos o 6 de marzo.
Que ben o pasamos!!!
No MUNCYT nos dividiron en dous grupos. Por unha parte fixemos un obradoiro de arquitectura romana, no que tivemos que construír un arco e un acueducto romano. Impresionante!
Muncyt 6ºB Acueducto
E fixemos a visita ao resto do Museo. O que máis nos gustou foi o impresionante jumbo Lope de Vega.
Muncyt Visita
Despois de comer, a Santiago, onde visitamos o MUPEGA. Estivemos probando unha aula mo antiga.

28/2/18
19/4/17
Visita a Pontevedra
Onte martes fixemos unha saída a Pontevedra. Fomos visitar o Museo de Pontevedra, as salas dedicadas á Prehistoria e Idade Antiga. Tivemos unha gúia moi amable e que nos explicou todo moi ben, Luisa. Logo nos levou a ver as ruínas de Santo Domingo.
A verdade que foi unha saída moi interesante e instructiva, aprendemos moito!
A verdade que foi unha saída moi interesante e instructiva, aprendemos moito!
1/12/13
Visita ao MARCO
O pasado día 27 fomo a visitar o Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o MARCO.
Fixemos unha visita guiada con Berta, que nos explicou algunhas das pezas que había na exposición. Tamén tivemos un obradoiro de arte, no que diseñamos uns pratos de cociña con materiais reciclados. Algúns os terminamos na clase porque non nos deu tempo.

20/6/13
Saída fin de curso
O martes fixemos a excursión fin de curso, fomos a A Coruña. A viaxe durou dúas horas pero non o notamos pois íamos contando enigmas. Resolvimos un montón deles.
O primeiro sitio onde fomos foi A Casa das Ciencias. Ao chegar subimos ao Planetario para ver A noite do vampiro, a historia do conde Von Siro e o seu axudante Dagoberto. Ensináronnos como son as estrelas, as galaxias, as constelacións e os planetas do Sistema Solar.
Cando rematamos a sesión no Planetario visitamos a Casa das Ciencias. O pasamos pipa cos xogos que teñen alí.
Ao rematar na Casa das Ciencias xa era a hora de comer, así que marchamos a Casa do Home (Domus). Comemos no comedor que teñen na planta baixa e logo fixemos unha visita rápida ás exposicións.
E estas son as nosas opinións sobre a excursión:

E as catro da tarde marchamos ao Acuario (A casa dos peixes). Alí recibiunos Mónica, a nosa guía, que nos levou visitar todo o Acuario: o Nautilus (había un tiburón enorme), as focas e a sala principal. Foi unha visita estupenda.
E estas son as nosas opinións sobre a excursión:
16/6/13
Bichos no museo Campo de trigo con corvos
Un montón de acertantes na actividade Bichos no museo: Víctor, Miguel, Noemi, Sara, Hugo C., Alba G., Iván, David, Anxo, Hugo E. e Susana (nai de Anxo)
O cadro de Van Gogh chámase Campo de trigo con corvos. Van Gogh pintouno poucos días antes de morrer.
Este cadro está no museo Van Gogh en Amsterdam (Holanda):
O cadro de Van Gogh chámase Campo de trigo con corvos. Van Gogh pintouno poucos días antes de morrer.
Os cadros de Van Gogh son moi famosos. Nós xa estivemos traballando con un deles: Os xirasois, pero tamén hai outros igual de coñecidos:
21/4/13
Bichos no museo: os tres animais do Guernica
E a verdade que tivemos moitos gañadores, que resolveron ben o enigma: David, Nahuel, Sara, Yazmina, Hugo C., Hugo E., Víctor, Iván, Anxo e Alba G.
Noraboa a todos, e seguide atentos porque pronto teredes que investigar sobre outro bicho no museo.
18/4/13
Museos París: O museo do Louvre
París é unha cidade onde tamén hai numerosos museos que visitar. Esta é a nosa primeira proposta
MUSEO DO LOUVRE:
É o museo máis importante de Francia e o máis visitado do mundo, con máis de oito millons de visitantes cada ano.
O museo está no Palacio do Louvre, unha fortaleza iniciada no século XII e que foi residencia real. No ano 1939 construiuse unha pirámide de cristal que serve como porta de acceso ao museo.
No museo se expoñen 35.000 obras, organizadas de forma temática: antigüidades orientais, antigüidades exipcias, antigüidades gregas, romanas e etruscas, historia do louvre, pintura, escultura,...
A obra pictórica máis importante e visitada do museo é o cadro da Gioconda, de Leonardo Da Vinci.

Moi visitada e importante tamén é a colección de Antigüidades Exipcias.
11/4/13
Visita ao museo de dinosaurios: Ed. Infantil
Esta semana continuamos coas visitas guiadas ao noso Museosaurus, o museo de dinosaurios. Agora recibimos ao alumnado de Ed. Infantil de 5 anos.
10/4/13
Bichos no museo: O Guernica
Este cadro é o Guernica, pintado por Pablo Picasso en 1937. Podedes velo no museo Reina Sofía, en Madrid.
O cadro representa o bombardeo da localidade vasca de Guernica durante a Guerra Civil Española.
Nel podemos ver moitas persoas sufrindo polo dolor que lle están causando.
Dentro do cadro tamén hai tres animais, e esa é a nosa pregunta:
Que tres animais están representados no cadro do Guernica?
Esperamos as vosas respostas. Asegurádevos de enviar correctamente os vosos comentarios.
9/4/13
Visita ao museo de dinosaurios
A semana pasada iniciamos as visitas guiadas ao Museosaurus, o museo de dinosaurios de 3ºA.
Viñeron os alumnos de 1º e explicámoslle como é o MUJA e as características dos dinosaurios que temos no noso museo.
Viñeron os alumnos de 1º e explicámoslle como é o MUJA e as características dos dinosaurios que temos no noso museo.
8/4/13
Bichos no museo: o can das Meninas
Ben, xa temos a solución á pregunta de que raza é Salomón, o can que aparece no cadro das Meninas: é un mastín español.
E temos moitos acertantes: Noemi, Iván, Sara, Alba G., Yazmina, David, Nahuel, Hugo E. e Anxo.
Se queredes máis información sobre os cans de esta raza podedes visitar o seguinte enlace:
Por certo, sabedes que hai un libro sobre este can? Chámase A verdadeira historia do can Salomón, foi escrito e ilustrado por Miguel Fernández Pacheco e levou o Premio Internacional de Ilustración da Fundación Santa María.
E aquí tedes unha bonita presentación sobre o cadro das Meninas:
Las Meninas de Velázquez from Julia Testa
Seguide atentos, pois pronto iremos a outro museo e a outro cadro en busca de novos bichos.
Seguide atentos, pois pronto iremos a outro museo e a outro cadro en busca de novos bichos.
2/4/13
Bichos no museo
Xa estamos de volta. Empeza un novo trimestre e imos renovar algunhas cousas no blog.
A primeira é que comezamos un novo xogo chamado Bichos no museo, no que buscaremos obras de arte polos museos nas que aparezan animais. E teredes que investigar un pouco e contestar algunhas preguntas.
Este é o primeiro. Mirade con atención este cadro:
Este é o cadro de Las Meninas, que foi pintado por Diego de Velázquez no ano 1656. Está no Museo del Prado en Madrid.
O cadro representa a Infanta Margarita (a nena que está no centro do cadro), filla dos reis, coas súas damas de compañía, as Meninas.
No cadro tamén sae representado un animal. É un can que se chama Salomón.
Pois a nosa pregunta é a seguinte:
Sabedes de que raza é o can Salomón?
Esta vez ides ter que investigar un pouquiño. Esperamos as vosas respostas.
11/3/13
Londres: Museo de Historia Natural
O Museo de Historia Natural de Londres
(Natural History Museum) trata da Terra e das diferentes formas de vida que se
orixinaron nela e a súa evolución. Ten unha gran colección formada por máis de
70 millóns de exemplares e obxectos relacionados co mundo natural.
Unha das coleccións máis importantes e visitadas é a dos dinosaurios. Nesta sección están expostos enormes
esqueletos de dinosaurios e é a parte
favorita dos nenos.
Londres: Museo Británico (Noemi)
O Museo Británico ( en inglés British Museum) é un museo dunha cidade de Londres, Reino Unido.
As súas coleccións abarcan campos diversos do saber humano, como a historia, a arqueoloxia, a etnografía e a arte.
O museo foi unha das primeiras instalacións deste tipo en Europa.
The British Museum is a museum of the London City, United Kingdom.
The collections have any field ofn the human knowledge, how the history, the archaelogy and the art.
The museum was the first institution of this type in Europe.
NOEMI GARCÍA PAREDES 3ºA
28/2/13
Londres: museos
En Londres hai moitos museos interesantes para visitar. Estes son os máis importantes:
1. MUSEO BRITÁNICO
É o museo máis visitado de Londres. É un dos museos máis antigos do mundo.
Para os que queiran coñecer a historia, arqueoloxía e arte de todo o mundo.
O máis destacado é a colección de momias do Antigo Exipto
2. NATIONAL GALLERY
6. MUSEO DE SHERLOCK HOLMES
É unha casa-museo dedicada á vida e á época do famoso detective.
7. MUSEO MADAME TUSSAUDS
1. MUSEO BRITÁNICO
É o museo máis visitado de Londres. É un dos museos máis antigos do mundo.
Para os que queiran coñecer a historia, arqueoloxía e arte de todo o mundo.
O máis destacado é a colección de momias do Antigo Exipto
2. NATIONAL GALLERY
É o museo de arte máis importante de Londres. Ten máis de 2000 obras entre os séculos XIII e XIX, de artistas moi coñecidos, como Da Vinci ou Van Gogh.
3. MUSEO DE HISTORIA NATURAL
Trata da Terra e das diferentes formas de vida, e a súa evolución.
A sala máis famosa é a de paleoontoloxía, chea de esqueletos de dinosaurios de todos tipos e tamaños.
4. O MUSEO DE LONDRES
Cóntanos a historia de Londres, desde a prehistoria ata os nosos días.
5. MUSEO DA CIENCIA
É un museo interactivo, que trata sobre a ciencia e a tecnoloxía e de un modo divertido.
7. MUSEO MADAME TUSSAUDS
É o museo de cera máis famoso do mundo, cunha gran exposición de figuras de personaxes famosos.
8. MUSEO IMPERIAL DA GUERRA
Este museo cóntanos as experiencias da xente durante os conflictos bélicos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)
.jpg)
.jpg)