Ismael é un mariñeiro que está buscando emprego. Na illa
de Nantucket enrólase nun barco baleeiro que está a punto de zarpar, o Pequod.
O capitán deste barco chámase Ahab e leva moitos anos
recorrendo os mares cazando baleas. Busca a unha balea branca chamada Moby Dick
para vingarse, pois ela destrozou o seu barco e arrincoulle unha perna.
O Pequod navega polo Atlántico e o Pacífico, a través de
tormentas, buscando noticias de Moby Dick.
Por fin atopan a terrible e enorme balea e despois de
tres días para capturala, Moby Dick ataca ao barco coa súa poderosa cola, o
rompe e o afunde, levando á morte a Ahab e a toda a súa tripulación-
Ismael é o único supervivente, agarrado a un ataúde de
madeira. Só el se salva para contar o sucedido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario