11/6/17

Solución ao reto nº 19: As partes dun castelo


Estas son as solucións ao reto nº 19, sobre as partes dun castelo.
1.  Muro que se construía diante das murallas e máis baixo ca elas para defender o castelo. BARBACÁ
2. Cada un dos saíntes en forma de prisma nos que remata a parte superior das murallas. ALMEA
3. Ventá estreita e alongada dunha torre ou castelo. SETEIRA
4. Camiño no alto dos muros dun castelo. ADARVE
5. Escavación longa e profunda que rodea o castelo. FOSO
6. Construción no alto dun muro, dunha torre ou dunha porta fortificada para defender ou atacar ao enimigo. MATACÁN
E estes son os acertantes:
5ºA: Aitana, Alba, Iria, Pablo, Saleta, Ángel, Xavi, Iker, Fran, Rubén, Marisé e Samuel
5ºB: Uxía, Carlos e Ágata
Noraboa a tod@s!


No hay comentarios:

Publicar un comentario