6/6/17

Saída a Arcade - Soutomaior

Hoxe fixemos a saída de fin de curso. 
Primeiro fomos visitar unha fábrica de porcelanas, Arcadia Porcelanas. 

Foi moi interesante e nos explicaron moi ben todo o proceso. Ademais nos deron un agasallo a todos. Se queredes máis información, podedes visitar a súa páxina web:
Ao rematar merendamos e marchamos a facer unha caminata polo paseo á beira do río. Chegamos ata a ponte romana.
Logo comemos nun merendeiro e ao lado tiñamos un parque e unhas pistas para xogar. Xenial!
Pola tarde visitamos o Castelo de Soutomaior, e os seus xardíns.


No hay comentarios:

Publicar un comentario