4/6/17

Comercio xusto: Obradoiro de alimentación saudable


Dentro das Xornadas de Interculturalidade organizadas polo Concello, en 5º tivemos un obradoiro de Comercio Xusto sobre alimentación saudable.
Tivemos que elaborar unha tartaleta con biscoito, leite, marmelada de mango, fresas e chocolate. Todos os alimentos eran de Comercio Xusto e ecolóxicos.
María, a nosa monitora, explicounos moi ben a procedencia de todos os alimentos e a importancia de que se pague un salario xusto por eles.
O pasamos pipa e as tartaletas estaban moi boas. E menos mal que forramos as mesas, porque co chocolate nos emocionamos un pouco...



No hay comentarios:

Publicar un comentario