Imos coas solucións ao reto nº6:
1. Instrumento óptico para observar corpos moi lonxanos, en especial corpos celestes: TELESCOPIO
2. Instrumento óptico que ten un par de tubos con varias lentes e un prisma, para ampliar imaxes: PRISMÁTICOS
3. Instrumento óptico para observar dende unha posición oculta, con espellos e prismas montados nun tubo vertical. Úsase nos submarinos: PERISCOPIO
4. Instrumento óptico con espellos e cristais de cores no seu interior, no que se poden ver diferentes figuras xeométricas simétricas: CALEIDOSCOPIO
5. Instrumento óptico con lentes de gran aumento, para ver seres ou obxectos tan pequenos que non se poden ver a simple vista: MICROSCOPIO
E estes son os acertantes:
6ºA: Pablo, Samuel, Cibrán e Iván
6ºB: Uxía, Ágata, Sabela e Noa
No hay comentarios:
Publicar un comentario