30/12/16

Nadal sen fronteiras: hallaca venezolana

Os pais de Fran quixeron compartir con nós un prato típico de Nadal do seu país, Venezuela: a hallaca. 
Tiveron a amabilidade de preparalo para que o probásemos e ademais nos explicaron e documentaron como se facía.
E podemos dicir que é un prato moi rico e saboroso. Moitas grazas a Rosely e Antonio.
A hallaca faise con fariña de millo, pero en Venezuela úsase a preparada, que se coñece como fariña de PAN.
Por dentro da masa colócase o guiso, que se fai con carne picada en dados e se adoba e se aliña, e se deixa dun día para outro.
Ao día seguinte se hallaca, se lle coloca olivas, alcaparras, uvas pasas, unha tira de pemento, cebola e se envolve nunha folla de plátano, que lle dá un sabor peculiar.
O día da cena tómase a hallaca, ensalada de galiña, pan de xamón e pernil.







No hay comentarios:

Publicar un comentario