15/12/16

lecturas 5º: Orión e os animais magos. Xian 5ºA


Título: Orión e os animais magos.
Autor: Joan Manuel Gisbert
Ilustrador: Francisco Solé
Colección: Sopa de libros
Editorial: Xerais

Orión é un can que vive co seu dono Isidro. Un día Isidro ingresa no hospital por mor dunha caída. Orión fuxe á fraga porque andaban detrás del para metelo na canceira. 
Pola noite chega á fraga unha misteriosa furgoneta e un home empeza a descargar paquetes e caixas e agóhaos na fraga. Algúns animais atopan as caixas e empezan a pasar cousas moi raras porque as caixas conteñen os trucos do mellor ilusionista Danilo.

O personaxe que máis me gustou foi Orión. É un can de palleiro, de mirada moi amigable. Era un can abandonado que foi rescatado de cachorro. Gústame porque vive unha serie de aventuras e porque uns animais o rodean e fanlle moitas preguntas relacionadas con Danilo.

O libro gustoume moito. A miña parte favorita foi cando os animais fixéronlle preguntas a orión sobre Danilo, porque non sabía o que lle ían preguntar e púxose moi interesante.
XIAN - 5ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario