21/10/13

Aquiles


Aquiles era o fillo dunha ninfa marina chamada Tetis e do mortal Peleo, rei de Ptía.

Tetis intentou facer inmortal ao seu fillo, e segundo o mito, bañou ao pequeño Aquiles no río Estigia para facelo invulnerable. Pero a deusa cometeu un descoido, ao somerxer ao neno de cabeza agarrouno dun pé, e esa pequena zona do talón de Aquiles quedou sen mollarse.


Aquiles foi educado por Quirón, un centauro que vivía nos bosques de Pelión, que converteu ao rapaz nun magnífico atleta, un bo cazador e ensinoulle as artes da mediciña.


Aquiles marchou á guerra de Troya, ao fronte do exército grego. Alí destacou polo seu espírito guerreiro nos máis difíciles combates. Nesta terra morreu, case ao final da longa guerra, alcanzado mortalmente no talón por unha frecha inimiga.




No hay comentarios:

Publicar un comentario