23/10/13

A familia Addams


A Familia Addams é unha familia pouco normal: cultivan só as espiñas das rosas, teñen como mascotas a animais perigrosos, teñen un raro gusto polos líquidos velenosos e se relaxan na sala de torturas. Os Addams viven nunha mansión de estilo antigo.
Os personaxes:


Gomez Addams é o pai da familia, quere moito aos seus fillos e a súa esposa Morticia. Volve tolos aos seus veciños aínda que cre que todos o adoran. Encántalle facer estrelar o seu xogo de trens.


Morticia Addams: é a nai da familia e cría aos nenos, coida da súa planta carnívora Cleopatra e mantén toda a casa sucia e tétrica. Sempre viste de negro e lle gusta camiñar polo  cemiterio.


Tío Fétido é o  máis raro de todos. É o  irmán de Gómez. Está moi encorvado e ademais é calvo. Un dos seus pasatempos favoritos é acender unha lámpada coa  boca.


Mércores Addams  é a filla dos Addams. É tímida e moi seria e non lle gusta moito xogar con outros nenos, aínda que sempre está experimentando co seu irmán. Leva un par de trenzas e vístese tan escura como a súa nai.


Pugsley Addams é o fillo dos Addams. É gordecho e quere seguir os pasos do seu tío Fétido, a quen admira moito polo seu gran coñecemento das cousas asquerosas. 


Avoa Addams: é a nai de Morticia, é unha auténtica bruxa. Gústalle preparar apócemas y botar feitizos. que sempre terminan nalgún desastre.


Longo é o mordomo da familia. Ë un home moi alto e de aspecto tétrico, e toca moi ben o órgano. Fala moi pouco e é considerado parte da familia. Parécese ao monstro de Frankenstein.


Cousa é unha man humana  con vida propia, aínda que isto nunca lle impide axudar en todo lo en todo o que pode. Comunícase co  resto da familia por medio do linguaxe de sinais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario