Londres está situada ao sudeste de Gran
Bretaña. É a capital de Inglaterra e do Reino Unido, e é unha das cidades máis
importantes do mundo. A súa poboación estímase en 8 millóns de persoas. Está bañada
polo río Támesis e nela hai numerosos monumentos e cidades para visitar.
1. BIG BEN E CASAS DO PARLAMENTO
As Casas do Parlamento son a sede das dúas
cámaras do Parlamento británico e teñen dúas torres: a Clock Tower e a Victoria
Tower.
Na Clock Tower é onde está a enorme campá que
recibe o nome de Big Ben. Esta torre e este reloxo (que din que é un dos máis
exactos do mundo) é a imaxe máis característica de Londres.
2. A TORRE DE LONDRES
Na City de Londres, que é o centro histórico da
cidade, está un dos monumentos máis interesantes: A Torre de Londres. É un dos
poucos edificios medievais e alí eran encarcelados os que ofendían aos
monarcas. Nela gárdanse as Xoias da Coroa, composta por coroas, espadas e
cetros de incalculable valor.
3. TOWER BRIDGE
É a ponte máis famosa de Londres. Foi construída en 1894 para unir as dúas beiras do río Támesis cunha ponte levadiza que permitise o tráfico fluvial.
4. LONDON EYE
É a noria máis grande do mundo. Mide 135 metros e ten 32 cabinas nas que poden subir 25 pasaxeiros en cada unha. Tarda 30 minutos en dar a volta enteira e dende ela podes ver unhas fermosas vistas de londres.
5. ABADÍA DE WESTMINSTER
É o templo máis famoso e antigo de Londres. É o lugar onde coroan aos monarcas británicos. Nela están enterrados os personaxes históricos máis importantes.
6. PALACIO DE BUCKINGHAM
É a residencia oficial da Familia Real británica. Actualmente nela vive a raíña Isabel II. Moi famoso é o seu cambio de garda.
7. PICADILLY CIRCUS
É a plaza máis coñecida de Londres, recoñecida tanto polos seus carteis luminosos como pola estatua de Eros que está no centro.
8. CATEDRAL DE SAN PABLO
Ten unha altura de 110 metros e é a segunda catedral máis grande do mundo. Nela se celebran importantes acontecementos.
9. TRAFALGAR SQUARE
É unha das plazas máis importantes e animadas do centro de Londres. Foi creada no ano 1830 para commemorar a victoria da armada británica na Batalla de Trafalgar.
10. COVENT GARDEN
É u dos lugares con máis encanto de Londres. O centro desta zona é a plaza onde está o mercado.
Me gusto mucho la entrada y el vídeo
ResponderEliminar