20/5/18

Solución ao reto nº1o: A pedra Rosetta

Imos coas solucións ao reto nº 10, sobre a pedra Rosetta.



1. A pedra Rossetta é un fragmento dunha antiga estela exipcia na que aparecen tres escrituras diferentes: xeroglíficos exipcios, escritura demótica e grego antigo.


2. Foi atopada o 15 de xullo de 1799 por un soldado francés, durante unha campaña do exército napoleónico en Exipto.


3. Grazas a este descubrimento o historiador Jean François Champollion conseguiu descifrar a escritura xeroglífica exipcia.


4. Na actualidade atópase exposta no Museo Británico de Londres, onde é a peza máis visitada.

E estes foron os acertantes do reto:
6ºA: Iria, Marisé, Iker, Pablo, Aitana e Alba
6ºB: Ágata e Noa

Moi ben!


No hay comentarios:

Publicar un comentario