Na Biblioteca estamos celebrando un certame poético que durará ata o venres. Nel temos que recitar poemas, que poden ser dun autor coñecido ou escritos por nós.
Diana, Sabela, Saleta e Iria puxéronse moi poéticas e escribiron os seus propios poemas. Como non, dedicados a primavera.
Este é o poema de Diana e Sabela (5ºB)
A PRIMAVERA CHEGOU
En marzo comeza
a primavera,
en marzo comeza
este poema.
Con cheiro de rosas,
tamén de mapoulas.
As palabras voan
polo vento,
desta primavera.
Non chores, miña nena,
o inverno xa pasou,
agoran chegan as risas,
a primavera chegou.
Os cereixos florecen
cando o día amence.
Os troncos das árbores,
abrazados polo sol.
Os campos regados
pola lúa con amor.
Porque os campos
están cheos de flor!
DIANA e SABELA 5ºB
No hay comentarios:
Publicar un comentario