8/2/17

Lecturas 5º: Mil cousas poden pasar. Sabela 5ºB


Título: Mil cousas poden pasar
Autor: Jacobo Férnandez Serrano
Ilustrador:  Jacobo Férnandez Serrano
Colección: Merlín
Editorial: Xerais

Todo empeza nunha vila chamada Nil. Dentro do mar estaba por chegar o cumple do Rei do mar e os fillos aínda non tiñan regalo. Neda e Mercurín foron a terra para buscar unha coroa nova para o seu pai.
Por certo, un día antes en Nil terminou a guerra e decidiron formar unha banda de música, todos levaron un instrumento e a Pouco tocoulle a tuba.
Neda e Mercurín levaron a tuba con Pouco ao seu pai.
Lina foi en busca del e, cando o encontrou, bicáronse.

Lina é o personaxe que máis me gustou, porque cando Pouco desapareceu non se rendiu nunca e foi en busca del. É moi aventureira e moi valente, pon moito empeño no que se propón. Ela quere moito a Pouco.

Gustoume moitísimo o libro, é o libro que máis me gustou do mundo enteiro. Eu diría que se che gustan as aventuras, este libro vaiche encantar. A miña parte favorita é cando Lina encontra a Pouco, o seu marido.
SABELA 5ºB

No hay comentarios:

Publicar un comentario