Ágata e Uxía presentan o seu experimento coa luz: A luz cambia de cor.
Primeiro vimos a luz a través dun vaso de auga. O reflexo na parede é unha luz branca.
Logo vimos a luz a través dun vaso de auga con leite. O reflexo agora ten unha cor amarela alaranxada.
O leite serve de filtro e non permite que todas as cores presentes na luz branca pasen, só os alaranxados e vermellos chegan á parede.
De maneira semellante, a atmosfera da terra, cos seus fumes e partículas de po, filtra a luz do sol cando esta entra de maneira inclinada, ao atardecer. Isto permite que se vexan os celaxes.
Ágata e Uxía
No hay comentarios:
Publicar un comentario