14/6/15

Gústanos ler: O poder de Amabel


O poder de Amabel
Érica Esmorís.
Sushi Books
Ed. Rinoceronte.

Este libro trata de que a nai, o pai, o irmán e a avoa tiñan superpoderes: unha forza moi forte, a velocidade, unha intelixencia e facerse invisible. Pero Amabel non sabe cal é o seu superpoder. Para descubrilo fai unha lista de poderes, e Roi outra, e ningún funcionou.
A avoa lle dixo cal é o seu poder: o poder de facer sorrir á xente, aínda que ela non o entendía, pero dixo a avoa que xa o entendería cando fose maior.

A min encantoume, porque toda a familia ten un poder, e Amabel fai un montón de aventuras, pero ningunha valeu, ata que a avoa llo dixo.

Ágata 3ºB

No hay comentarios:

Publicar un comentario