Cando unha bruxa lle pode conceder un so desexo, Iván pide que se lle cumpran todos os seus desexos. Pero a bruxa so llo pode conceder durante un día e nada máis.
O libro foi moi gracioso e encantoume. Gustoume moito cando apareceu a bruxa. Noa
Gustoume moito e deu moita graza. A parte que máis me gustou foi cando a vella lle concedeu os desexos. Eloi
Encantoume. Gustoume cando lle mollaban os pantalóns e cando pechou o profesor de ximnasia. Gabriel
Gustoume cando Iván pechou a moitos nos baños porque os abusóns fixéranlle o mesmo e o merecían. Javi
Gustoume moito o conto. Carlos
O libro encantoume e gustoume moito cando cuspiu ata a outra farola. Tamén cando andou en bici e caeu ao mar. Diana
Encantoume este conto, foi moi divertido. Gustoume cando Iván Olsen pescaba aos pescadores, foi a miña parte favorita. Clara
Gustoume moito cando caeu á auga cos mariñeiros que estaban pescando. Ágata
O libro gustoume moito. A parte que máis me gustou foi na que Iván lle pegou un balonazo na barrigaao porteiro. Pareceume mal o que lle facían a Iván Olsen. Tamén me gustou a parte en que Iván Olsen encerrou ao profesor de ximnasia nos baños. Xian
Gustoume moito o conto. A parte que me gustou máis foi cando Iván lle deu tan forte ao balón e o porteiro foise co balón. Sabela
Gustoume moito o libro polo gol que marcou e porque asustou aos pescadores- Eloy
Gustoume cando o pai lle deu tan forte á mesa que tirou o vaso de auga. Uxía
O conto gustoume porque era moi divertido. Gustoume a parte na que Iván obrigou ao seu pai a subir á árbore. Diego
Gustoume cando o pai de Tarzán de Goma caeu da árbore porque sangrou. Tamén cando lle deu un balonazo ao porteiro. Lucas
Máis opinións doutros cursos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario