24/6/14

Excursión ao Grove

O pasado mércores 18 de xuño fomos a unha excursión a O Grove.
 Fixemos unha viaxe nun catamarán con visión submarina. Tivemos a sorte de que nese momento apareceron un grupo de arroaces preto do barco, e puidemos velos dende moi cerca. Tamén estivemos dando de comer mexillóns ás gaivotas.


Dende o barco nos explicaron como é unha batea e o que cultivan nela, non só mexillóns, senón tamén vieiras e ostras.


Logo fomos ao Museo do Salazón, onde unha guía explicounos como facían o salazón do peixe e vimos un montón de aparellos de pesca.


De alí a comer, que xa estabamos mortos de fame. Ao acabar de comer a profe enfadouse un pouco con nós porque fixemos guerra de piñas e paus.

Despois de comer tivemos a visita ao Acuario. Alí Cristina, a nosa guía, explicounos todo sobre os peixes que íamos vendo. O noso preferido é Xoana, un tiburón femia.



E ao rematar, de volta a casa. Chegamos cansos, pero contentos porque o pasamos moi ben!

A nosa profe esqueceuse da cámara de fotos. Onde terá a cabeza esta muller? Menos mal que todos nós fixemos moitas fotos. Aquí só temos as que fixeron Noa, Alba G. e Aarón, porque nós tamén temos a cabeza noutro lado e non as levamos a clase.


No hay comentarios:

Publicar un comentario