Estes días tivemos unhas sesións conxuntas dos alumnos de Relixión e Atención Educativa para ver a película Os nenos do paraíso, que nos trouxo Loli, a nosa profe de Relixión.
É unha fermosa película iraní que nos conta os problemas de Alí e a súa irmá Zahra, dous nenos irmáns dunha humilde familia de Teherán, cando Alí perde as zapatillas da súa irmá ao levalas a reparar. Dada a situación económica da familia, entre os dous deciden compartir as zapatillas de Alí, turnándose no seu uso para ir a escola. Ata que Alí inscríbese nunha carreira coa esperanza de quedar o 3º e gañar como premio unhas zapatillas novas.
A película gustounos moito, aínda que ten momentos tristes, e con ela dámonos conta das condicións en que viven algíuns nenos pobres noutros países.
No hay comentarios:
Publicar un comentario