31/10/12

Celebrando Halloween - Samaín

Hoxe, 31 de outubro, foi un día moi movido, pois estivemos celebrando a festividade de Halloween - Samaín.
Estivemos preparando as nosas cabazas para expoñelas ao lado da clase de Inglés:


Logo, na aula de Inglés tivemos unha festa de Halloween, con merenda e disfraces. Na clase tamén decoramos a porta:


Tamén visitamos a exposición de cabazas organizada por Ed. Infantil e 1º ciclo. Fantástica!


E estivemos na Biblioteca, que estaba toda a escuras e que ten unha exposición de libros de medo:




Na Biblioteca a profe leunos un conto de medo: A bruxa regañadentes, unha bruxa moi pouco amiga dos nenos. Que alí, a escuras, coa lanterna... pois daba un pouco de medo, pero só un pouco.



2 comentarios:

  1. Que chulas as cousas de Samaín!. Unha aperta!

    ResponderEliminar
  2. Que terrorificos son estes nenos.E as calabazas preciosas.

    ResponderEliminar