29/10/15

Feliz Samaín / Halloween



Menuda semana levamos, todo o cole cheo de cabazas, bruxas, vampiros...
Hoxe foi o día grande: festa de Halloween na clase de Inglés, visita a exposición de cabazas de Infantil e 1º ciclo, e visita á Biblioteca, que estaba moi ben ambientada. Gracias, Susana!

23/10/15

Recomendacións musicais: With a little help from my friends (The Beatles)

Dentro do proxecto deste curso iniciamos unha actividade para involucrar tamén a todas as familias.
Pedimos a todas que colaboraran facendo recomendacións musicais, que iremos publicando neste blog.
A primeira esta feita por Miguel, o pai de Eloi.
Trátase da canción With a little help from my friends do grupo The Beatles.
Todo un clásico que seguro que lle vai gustar a todos.



Esta canción amosa sentimentos de melancolía e ledicia, que desembocan nun ambiente festeiro. 
Oda a amizade e a posibilidade de compartirmos fracasos e éxitos.
Miguel

Gústanos ler: Xonás o pescador


Xonás o pescador
Reiner Zimnik
Ed. Kalandraka
Colección 7 Leguas

O protagonista é Xonás, un pescador que estaba pescando no río Sena, o río máis importante da cidade de París.
Xonás sempre quería pescar un peixe moi grande, pero sempre collía peixes moi moi pequenos. Ata que unha vez Xonás probou a poñer unha sardiña de cebo na súa cana de pescar. E así, un día pescou un peixe moi moi grande.
Por último Xonás foise para a súa casa co seu peixe.

Gustoume porque foi moi divertido.
Xian

Imos ao cine: Hotel Transilvania 2

Unha divertida película, moi apropiada para estas datas:

18/10/15

Visita ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

O pasado venres todos os alumnos de 3º e 4º  fixemos a nosa primeira saída do curso. Fomos a Campo Lameiro, a ver o seu parque Arqueolóxico.


Cando chegamos nos dividimos en tres grupos. O noso grupo (menos Ágata e Uxía que marcharon cos de 3ºB) fomos a ver os petroglifos cun dos monitores, que nos explicou moi ben como os facían e como vivían as xentes de esa época, fai máis de 4000 anos.
O petroglifo do cervo é moi bonito!


Logo levounos a ver a réplica dun poboado, onde aprendimos como eran e como facían as súas casas.
Eran moi pequenas!

Ao rematar esta visita unha das monitoras acompañounos ao obradoiro, onde nos explicou como os homes primitivos facían música e ensinounos moitos dos seus instrumentos, feitos de ósos, madeira, cunchas, cornos de animais...


E logo tocounos a nós facer un instrumento: unha bramadeira. Fixémola cun trozo de madeira e unha corda. Antes tivemos que preparala como se fósemos nenos prehistóricos: cun trozo de pedra de sílex. E as pintamos con óxido de ferro e carbón.



Logo de probar como soaban as nosas bramadeiras, merendamos un pouco e entramos no edificio para ver o Centro de Interpretación do Parque.


E xa nos quedou moi pouco tempo para ir ao Labirinto.


O pasamos moi ben e foi unha visita moi interesante.


Melodías de emocións: Strange Magic 13: Tell him / Wild thing.




Esta semana Diego presentounos a súa música elexida para o proxecto de Valores.
É o tema da película de animación Strange Magic.



Despois da presentación debatimos sobre o que escoitamos e anotamos as nosas impresións.