27/3/12

Recursos Pascua

Para informarnos, visitade estas webs:







Tarxetas de Pascua:


Manualidades:





Para pintar:



Para xogar:






E tamén en película:

25/3/12

Os nosos personaxes favoritos: Oksa Pollock




OKSA POLLOCK: UNHA NENA MISTERIOSA
Filla de Pavel e Marie Pollock. Ela tiña que marcharse a Londres, pero quería quedar en París, o seu fogar. Non quería irse porque o seu mellor amigo, chamado Gus, non viña con ela. Non quería mudarse e cando chegou a Londres toda a súa vida cambiou.
Familia: A súa avoa chamada Dragomira, o seu pai chamado Pavel, e a súa nai Marie.
Amigos: O seu mellor amigo Gus e o enigmático Tagdal.
PAOLA GARCÍA




Se queredes máis información sobre este personaxe, visitade estes enlaces:


O reto: A Lúa

Recordades o último reto? No cartel da película E.T. O extraterrestre aparecía a bicicleta de Elliot e E.T. diante da imaxe da Lúa. Pero non foi en bicicleta como chegou o 1º astronauta á Lúa, e iso era o que preguntábamos: como se chamaban os astronautas, como se chamaba a nave e en que data se conseguiu chegar á Lúa por primeira vez.
A resposta dímola en clase o venres pasado. Julio, Brais L., Roque, Valeria, Ángela, Brais P., Ainoa, Andrea e Isaac averiguaron que a primeira aluaxe fíxose o 20 de xullo de 1969 na misión Apolo XI, tripulada por tres astronautas: N. Armstrong, E. Aldrin e M. Collins (os dous primeiros foron os que pisaron a Lúa)



Se queredes máis información, visitade a nosa páxina:
http://ascousasdaclase.blogspot.com.es/p/os-retos.html 

Ou tamén tedes información no blog de Roque:
http://ouniversoderoque.blogspot.com.es/ 


Cando os astronautas chegaron a Lúa retransmitiron unha mensaxe: Houston, aquí base Tranquilidade, a Aguia xa aluou. Pero a frase que máis nos soa, a máis coñecida é: Houston, temos un problema.
Pois este será o noso seguinte reto, averiguar cando se pronunciou esta frase. Veña, a investigar!

Que é? Onde está?

Cada vez máis participantes, e todos acertaron. Paola, Valeria, Isaac, Rafa, Dani, Andrea, Ainoa e Brais P. localizaron ben a foto, pero David, Darío, Roque, Julio, Ángela, Gaby e Brais L. foron máis precisos e deron o nome do lugar: A Praza das Pontes.




E aquí tedes a nova foto. Creo que esta vez será un pouco máis difícil. Que é e onde está tomada? Intentade ser máis precisos nas vosas respostas.


19/3/12

Preparando o día do pai

O pasado martes na clase de plástica estivemos facendo, coa nosa profe Noelia, unha postal coa técnica origami para celebrar o día do pai. Quedaron moi chulas!



18/3/12

Que é? Onde está?

A foto desta semana foi algo máis difícil, pero por fin xa temos acertantes: David, Dani, Gaby e Julio averiguaron que se trataba da Fonte do Cabalo, unha foto cunha escultura de Santiago a cabalo e que está situada na Rúa Real, preto da Igrexa.


E agora a ver se sabedes o que é e onde está tomada a foto seguinte:


Esperamos a vosa participación!

Os retos

O pasado venres desvelamos o resultado do terceiro reto.
Se recordades, a partir dunha imaxe do cadro de Miguel Ángel A creación de Adán, preguntábamos que película de Steven Spielberg se inspirou nesta imaxe para crear o seu cartel.
Moitos se esforzaron e buscaron información: Isaac, Paola, Gaby, Valeria, Roque, Ainoa, Andrea e ÁngelaI  averiguaron que se trataba da película E.T. O extraterrestre, estrenada no ano 1982.


A escena máis famosa da película é unha na que se ve a Elliot, o protagonista, escapando con E.T. voando na súa bicicleta, e o momento máis recordado cando pasaban diante da Lúa.


Pois ben, o 4º reto ten que ver co noso satélite. Tedes que averiguar a data exacta na que o 1º astronauta pisou a Lúa, o nome dese astronauta e o nome da nave na que viaxaron ata alí.
O próximo venres daremos a solución en clase.
Se queredes máis información sobre os retos, visitade a nosa páxina:

15/3/12

Biblioteca

Xa temos dous novos diplomas da Biblioteca Escolar: Rafa conseguiu o seu primeiro diploma e Isaac xa vai polo terceiro. Noraboa aos dous!



Ademais, as mochilas viaxeiras seguen o seu percorrido polas nosas casas. Esta semana marchan para a casas de Ainoa e Brais Lagoa, e veñen de visitar as de Ángela, Paola, David e Rafa.




Se queredes coñecer as nosas opinións sobre os contidos das mochilas, visitade a nosa páxina dedicada aos diarios das mochilas:

14/3/12

Aprendemos xogando

Hoxe comezamos o primeiro enfrontamento de equipos na actividade Aprendemos xogando. Competiron dous equipos de 4ºB: Iván Pazó, Brais Pérez e Roque contra Darío, Isaac e David.
Este curso a participación consistiu en dúas rondas de 4 definicións cada unha. O profe Emilio daba catro definicións que tiñan que anotar nunha pizarra, iso si, correctamente escritas.
Ao fimal gañou o equipo de Darío, Isaac e David por catro puntos a seis. Pero todos foron uns bos concursantes. Noraboa!






12/3/12

Cangas no pasado


Novas fotos no álbum Cangas no Pasado.
As familias de Gabriela e Darío aportaron novas fotos para este álbum da memoria de Cangas que imos facendo entre todos.
Premede na imaxe e poderedes ver todas as fotos do álbum
Moitas grazas pola vosa aportación.