7/11/18

Reto nº 3: Tintín


Este personaxe tamén o coñecedes todos: é Tintín. Pero... canto sabedes del?
1. Quen foi o seu autor?
2. Cal é a ocupación de Tintín?
3. Como se chama o seu can?
4. Que son Hernández e Fernández?
5. Como se chama o seguinte personaxe?
Veña, que esta vez é moi, moi fácil!!!

1/11/18

Solución ao reto nº2: Asterix e Obelix


Unha boa participación para responder ao reto nº2. Aquí tedes as solucións:
1. Os autores deste cómic foron Albert Uderzo (ilustrador) e René Goscinny (escritor).

2. Apareceu publicado por primeira vez o 29 de outubro de 1959, na revista Pilote.
3. As historias ocorren na época dos romanos. Francia era unha provincia romana chamada A Galia.
4. Panoramix é o druída da aldea. É o encargado de preparar a poción máxica.
5. Obelix xa ten moita forza, sen necesidade de tomar a poción máxica. A razón é que caeu na pota da poción máxica cando era pequeno.

E estes foron os acertantes:
6ºA: Dani, Alex (1), César, Noa, Paula (1), Lucía (1), Iria, Hugo (1), Mara (1), Marta, Naia, Xoel (1), Carlos, Ángel, Sami
6ºB: Adrián Ch., Javi, Brais
Noraboa!

Celebrando Samaín/Halloween

O día 31 celebramos Samaín/Halloween. Entre as actividades que realizamos estivo a visita á exposición de cabazas feitas polo alumnado de Ed. Infantil, 1º e 2º.


Os nosos personaxes de cómic favoritos

Comezamos o proxecto do cómic debuxando os nosos personaxes favoritos.



22/10/18

Reto nº2: Asterix e Obelix

Comezamos un novo reto, con outros dous personaxes que coñecedes tamén: Asterix e Obelix. A ver canto sabedes deles...

1. Quen son os seus autores?
2. En que ano se publicaron por primeira vez?
3. En que lugar estaba situada a aldea onde vivían?
4. Como se chama o druída da aldea?
5. Por que Obelix nunca toma a poción máxica?

Seguro que é moi fácil de contestar.
Non esquezades de poñer o voso nome no comentario!!!!!

Historia de Mortadelo e Filemón

21/10/18

Solución ao reto nº1: Mortadelo e Filemón


Estas son as respostas as preguntas do reto nº1:
1. O autor de Mortadelo e Filemón é Francisco Ibáñez.


2. Estes dous personaxes foron creados en 1958, xa fai 60 anos!!!!


3. A axencia para a que traballan é a T.I.A. (Técnicos de Investigación Aeroterráquea)


4. Mortadelo quedou calvo por culpa dun experimento do Profesor Bacterio.
5. A secretaria do Súper é a señorita Ofelia.


A participación estivo ben, pero a maioría esqueceu poñer o seu nome, así que estes son os que sabemos seguro que acertaron:
6ºA: Marta, Sami
6ºB: Marcos, Darwin

Asegurádevos ben que aparece o voso nome!



Prepara o teu blog para Halloween

Xa falta pouco para Halloween/Samaín e temos que preparar o noso blog para celebralo. Busca nestes enlaces os adornos que máis che gusten:


9/10/18

Reto nº1: Mortadelo e Filemón


Seguro que todos coñecedes estes personaxes. Si, trátanse de Mortadelo e Filemón, os protagonistas de moitas historias de cómic.
Pero... Canto sabedes deles?
 Vos propoñemos o primeiro reto deste curso. Sodes capaces de contestar a estas preguntas?
1. Quen é o seu autor?
2. En que ano foron creados?
3. Como se chama a axencia para a que traballan?
4. Por que Mortadelo quedou calvo?
5. Quen é a secretaria do Súper?

Veña, a investigar, que non é tan difícil...