10/2/16

Hora de ler: O misterio do lixo mutante (Noa)


Título: O misterio do lixo mutante
Autor: Carlos Freire
Ilustradores: Alfonso Martínez e Pedro Pablo Moreno
Ed. Sushi books - Rinoceronte

Trátase de catro amigos que comían dos colectores de lixo, e pensaban que desaparecía por arte de maxia.  Pero non era así, senón que os basureiros ían pola noite e recollían o lixo para levalo ás plantas de reciclaxe.  Entón, dous mellores amigos, Carlocho e Nébedo, quedaron a vixiar dentro dun colector e despois os basureiros leváronos ás plantas de reciclaxe e descubriron o que pasaba co lixo. E coñeceron a Bautista, un motorista, e ao seu xefe o Ave Fénix  que, ao igual que o vidro, renace das súas cinzas.

Gustoume porque tiña enigmas e misterios e resultoume moi divertido facelos. E tiña un conto que me encantou.
NOA - 4ºB

Recomendacións musicais: Master of pupett´s (Metallica)

Hoxe temos unha dobre recomendación musical, por parte de Marcos, pai de Marcos e Manuel, pai de Eloy. Trátase de Master of pupetts, de Metallica.


É unha canción que escoitei cando tiña dez anos e desde entón gustoume o grupo e as súas cancións, e esta en concreto. Conta que hai alguén que move os fíos da vida e nós somos marionetas.
Marcos

Porque fue la canción que dio la fama al grupo y dio a conocer un nuevo estilo de música, el Trash Metal.
Manuel.

5/2/16

Celebramos o Entroido: os disfraces e actuación

Por fin chegou o día! Tivemos un día precioso e un festival estupendo.
Noraboa a todos os alumnos e alumnas de 4º pola súa actuación!
Aquí vos deixamos algunhas das fotos.

27/1/16

Entroido: preparando o baile.

Xa estamos cos ensaios para a actuación do Entroido. Unha animada canción country.
A mover o esqueleto!

 


19/1/16

Class Dojo: Entrenamos o cerebro

Entroido:preparando os disfraces.

O Entroido xa está moi cerca e temos que empezar a preparar os nosos disfraces.
Como xa sabedes, este curso temos un proxecto dedicado á Música. Neste trimestre imos traballar bailes e danzas de todo o mundo. Os cursos de 4º escollimos o Oeste Americano para celebrar o Entroido, así que imos disfrazarnos de vaqueiros e vaqueiras.
É un disfraz moi sinxelo, podemos preparalo na casa: un sombreiro, pantalón vaqueiro, un chaleco, un pano no pescozo, unhas botas, unhas pistolas... e un puco de imaxinación.
Para que sexa máis fácil, aquí deixamos uns enlaces que vos poden axudar.