8/4/13

Bichos no museo: o can das Meninas


Ben, xa temos a solución á pregunta de que raza é Salomón, o can que aparece no cadro das Meninas: é un mastín español.
E temos moitos acertantes: Noemi, Iván, Sara, Alba G., Yazmina, David, Nahuel, Hugo E. e Anxo.
Se queredes máis información sobre os cans de esta raza podedes visitar o seguinte enlace:

Por certo, sabedes que hai un libro sobre este can? Chámase A verdadeira historia do can Salomón, foi escrito e ilustrado por Miguel Fernández Pacheco e levou o Premio Internacional de Ilustración da Fundación Santa María.




E aquí tedes unha bonita presentación sobre o cadro das Meninas:


Las Meninas de Velázquez from Julia Testa

Seguide atentos, pois pronto iremos a outro museo e a outro cadro en busca de novos bichos.

Gústanos ler: Ota quere voar


Título: Ota quere voar
Autor: Ánxela Loureiro
Ilustradora: Santiago Eiroa Pazos
Editorial: Xerais

Trata dunha gaivota que non sabe que é. Cando sae do ovo a súa nai lle di que é unha gaivota. Tivo unha irmá e quería aprender a voar.
Un neno atrapouna e conseguiu fuxir e ter moitos amigos, e volver cun novo amigo á súa casa.
Gustoume porque ota conseguiu voar e ter moitos amigos. O seu amigo Paul lle deixou durmir no seu niño e con el conseguiu chegar a súa casa onde naceu.
            NAHUEL SOSA MALDONADO

7/4/13

Recursos matemáticas: horas e división

Novos contidos para practicar no blog de recursos de Matemáticas.
Podes practicar a división:


E practica as horas no reloxo:



Polinización

Anxo enviounos un fermoso vídeo sobre a polinización:

Biblioteca: estatísticas do mes de marzo

A Biblioteca xa publicou os resultados do número de préstamos do mes de marzo.



Non somos os que màis préstamos fixemos, pero temos un número moi importante deles. Ademais estamos a facer un esforzo por coller lecturas máis complexas e axeitadas á nosa idade, e o estamos conseguindo. Noraboa!

Gústanos ler: O guindastre


Título: O guindastre
Autor: Reiner Zimnik
Editorial: Kalandraka

O libro trata dun home cun gorro azul que consigue ser o home que faría funcionar e mover o novo guindastre.
No guindastre carga e descarga mercancía e, ademais de vivir nel, sucédenlle moitísimas aventuras.
Gustoume porque sucederon moitas aventuras, unhas tristes e outras non tan tristes. A que máis me gustou foi cando coñece a unha águia.
ÁNGEL FERVENZA MARTÍNEZ

4/4/13

Temos un novo blog!!! As cousas que levamos a clase


Pois si, parece mentira pero a partir de hoxe temos un novo blog que se chama As cousas que levamos a clase.
E é que a estes nenos de 3ºA lles gusta tanto traer cousas a clase para ensinalas e compartilas cos compañeiros que a profe xa non sabía que facer coas fotos.
Agora podedes velas todas xuntas neste novo blog. O seu enderezo:


Ou tamén podedes seguilo no apartado de blogs da clase.
Así que xa sabedes, se levades algo a clas non esquezades de pedirlle á profe que faga unha foto, ou dúas.

Biblioteca

Moita actividade na Biblioteca durante o mes de marzo:
Novos diplomas e premios para  Alba G. e Hugo C.



Máis mochilas viaxeiras:

Alba G. e Hugo E.

David e Iván

E o premio para Anxo e Iván pola actividade de Onde vai Buli?


3/4/13

Gústanos ler: As fadas verdes

Título: As fadas verdes
Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustradora: Asun Balzola
Editorial: SM

O libro trata dun verán moi seco no que o lume arrasou o monte e case acabou coas fadas verdes.
Gustoume moito porque aprendín que non debes prender lume no bosque

NOA AMATRIAÍN MIRANDA

2/4/13

Bichos no museo

Xa estamos de volta. Empeza un novo trimestre e imos renovar algunhas cousas no blog.
A primeira é que comezamos un novo xogo  chamado Bichos no museo, no que buscaremos obras de arte polos museos nas que aparezan animais. E teredes que investigar un pouco e contestar algunhas preguntas.
Este é o primeiro. Mirade con atención este cadro:


Este é o cadro de Las Meninas, que foi pintado por Diego de Velázquez no ano 1656. Está no Museo del Prado en Madrid.
O cadro representa a Infanta Margarita (a nena que está no centro do cadro), filla dos reis, coas súas damas de compañía, as Meninas.
No cadro tamén sae representado un animal. É un can que se chama Salomón.


Pois a nosa pregunta é a seguinte:
Sabedes de que raza é o can Salomón? 
Esta vez ides ter que investigar un pouquiño. Esperamos as vosas respostas.