13/5/12

Os nosos personaxes favoritos: Mario Bross


MARIO BROSS
Mario Bross naceu o 13 de setembro de 1995, e o seu creador foi Shigeru Miyamoto. É o personaxe de Nintendo máis coñecido. A súa principal tarefa consiste en salvar a princesa Peach do malvado Browser.
Familia: Luigi (o seu irmán)
Amigos: A princesa Peach, Toad, Joshy, Estela.
O principal inimigo de Mario é Browser.
Ademais de traballar no seu xogo estrela, Mario Bross tamén participa en  outros xogos como: Super Paper Mario, Mario Galaxy, Mario Kart, …
Habilidades: facerse xigante, facerse anano, disparar bolas de lume …
Iván Pazó Rial



Todos os personaxes de Mario:




Xogos de Mario:


 

Que é? Onde está?

Aínda que a foto era moi fácil, esta vez houbo poucos participantes. A foto (envíada por Roque e a súa familia) estaba tomada no porto deportivo de Cangas.
Os acertantes foron Brais P., Ángela, Julio, David e Valeria. Noraboa e grazas por participar!


Ben, e agora unha nova foto de Cangas. A ver se conseguimos máis participación desta vez. Que é e onde está tomada esta foto?

9/5/12

Retos: Xogos Olímpicos

O reto dos deuses gregos levounos ata os Xogos Olímpicos. Darío, Isaac, Valeria, Ángela, Julio, Ainoa, Andrea, Iván P. e Roque buscaron información e a trouxeron a clase.


OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGUA GRECIA
Os primeiros xogos celebrábanse na antiga Olimpia, en honor a Zeus e os deuses que vivían no Olimpo.
Non había deportes por equipos, e só se lle daba premio ao primer clasificado, e as mulleres non podían participar nin ser espectadoras.
Os xogos se celebraban en agosto, duraban cinco días e os homes competían desnudos.
Había moitos menos deportes e só participaban atletas que falaban grego.
As probas eran carreiras, saltos de lonxitude, lanzamentos de disco e xabalina, loitas, carreiras de carros, ...
No ano 394 dC, un emperador romano prohibiunos e non volveron celebrarse.

OS XOGOS OLÍMPICOS MODERNOS
No século XIX o barón Pierre de Coubertin fundou o Conité Olímpico Internacional e en 1896 celebráronse en París os primeiros Xogos Olímpicos da era moderna.
A Chama Olímpica é o símbolo máis importante dos xogos. Encéndese en Gracia e é transportada facendo relevos coa antorcha.
Celébranse cada catro anos e hai dous tipos: X.O. de Verán e X.O. de Inverno, e participan atletas de todas as partes do mundo, homes e mulleres.
Os próximos Xogos van celebrarse este ano, na cidade de Londres.

Se queredes máis información podedes visitar o blog de Iván Pazó:
http://ascousasdeivan.blogspot.com.es/2012/04/xogos-olimpicos.html

Ou tamén o de Valeria:
http://oespazodevaleria.blogspot.com.es/2012/04/os-xogos-olimpicos.html

E  Paola fixo unha entrada sobre Gemma Mengual:
http://omardepaola.blogspot.com.es/2012/05/gemma-mengual.html



DAVID CAL





Un dos atletas que vai competir tamén nestes Xogos é o piragüista cangués David Cal, que xa ten catro medallas olímpicas conseguidas nos anteriores xogos de Atenas e Pekín.

Se queredes saber máis cousas sobre el, visitade a súa páxina web:


Hai uns meses, antes de marchar para preparar ben a súa competición, David Cal estivo no noso colexio. Estivo explicándonos todo sobre o piragúismo, vimos vídeos das súas regatas e logo fixémoslle unhas preguntas para elaborar unha entrevista. Ao final firmounos unhas fotos.





Agora temos un novo reto. averiguar que cousas interesantes poden visitarse en Londres.

7/5/12

Plástica: preparando o día da nai

Este domingo foi o día da nai, e seguro que todas recibistes os agasallos e o cariño de todos os vosos fillos.
No cole tamén se afanaron en preparar un detalle para vós. Na clase de plástica, coa profe Noelia:



6/5/12

Blogs de recursos

Hai novidades nos nosos blogs de recursos:
No blog de Coñecemento do Medio tedes varias actividades para traballar sobre As máquinas:


 Si visitades o blog de Matemáticas, atoparedes algunhas actividades para repasar as Medidas de Lonxitude:


 E no blog de Lingua, todo preparado para traballar cos Adverbios:


Enerxía eléctrica

Paola, Andrea e Ainoa expuseron esta semana o seu traballo sobre a Enerxía eléctrica.
Un traballo impresionante. Nel ensináronnos as diferentes utilidades da enerxía eléctrica, como funcionan os leds, os motores eléctricos, o electroimán, ... e ao final nos regalaron un pequeno motor para cada un.
Pero o máis sorprendente do seu traballo é que fixeron funcionar un despertador utilizando como pila tres limóns!
Que ben o fixeron!



E recordade que podedes visitar o noso blog de recursos, para aprender moito máis sobre a enerxía:

O aniversario de Roque

Tres aniversarios celebramos a pasada semana. Despois do de Brais, Iván P. tamén celebrou o seu e nos trouxo unhas bolsiñas de chuches. E o venres, Roque estaba de cumple e trouxo unha riquísima torta de chocolate da que, como podedes ver nas fotos, non quedaron nin as migas.
Felicidades aos dous!



Premios entre blogs

A semana pasada o noso blog recibiu un premio. Fomos escollidos como un dos blogs favoritos da nosa compañeira blogueira María, dende o seu blog "A caixa de música". 
Moitas grazas por acordarte de nós!
Agora nós  temos que elexir os nosos 5 blogs favoritos e mandarlles un premio, así que se alguén te quere ben e te valora tes que seguir a cadea. As intruccións son as seguintes:
  • Copiar e pegar o premio no blog enlazándoo co blogger que cho otorgou.
  • Premiar os teus cinco blogs favoritos coa condición de que teñan menos de douscentos seguidores e deixarlles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron o premio.
  • Confiar en que continúen a cadea premiando a sua vez os seus cinco blogs preferidos.       


Estes son os nosos blogs favoritos:
Caixa de Música, da nosa compañeira María. Unha fermosa caixa, onde caben moitas máis cousas que música.   
A morada de Buli, o blog da nosa Biblioteca, levado con dedicación por José Ángel. Sen olvidarnos tamén da súa páxina en Facebook:  Buli Coiro
Un monte de ideas, o blog de 3º ciclo do Ceip de Darbo (Cangas), porque me consta todo o traballo que lle dedica Luís.
Biblioblogreboreda, o blog de Biblioteca e Normalización do Ceip Santo Paio de Abaixo (Redondela), cun agarimo especial a Amparo.
O outeiro de Matilda, blog do Ceip Outeiro das Penas, tamén de Redondela,  pola cantidade de veces que o teño visitado para buscar algún recurso.

E porque só podemos escoller cinco, que nos quedan no tinteiro un cento de blogs que traballan ás mil marabillas, e que esperemos que seguindo a cadea alguén os mencione.

1/5/12

Os retos: Apolo e os deuses da mitoloxía grega

As misións espaciais da NASA levaban o nome de Apolo, un deus da mitoloxía grega.
Este foi o noso seguinte reto. Isaac, Roque, Darío, Rafa.Julio, Iván P., Andrea, Ainoa e Ángela investigaron sobre este deus e os demais deuses da mitoloxía grega e expuseron o que aprenderon á toda a clase.


Apolo era o fillo de Zeus, era o deus da Luz, a lóxica e a razón, e era tamén un gran músico e curandeiro.

Se queredes información sobre a mitoloxía grega, visitade o blog de Ángela:
http://odiariodeangela.blogspot.com.es/2012/04/el-dios-apolo.html

Os deuses gregos vivían no Monte Olimpo e en honor a eles se celebraban uns xogos. Pois ese será o noso seguinte reto, averiguar o que sabemos sobre os Xogos Olímpicos, pero os da era moderna.

Aniversario de Brais

O pasado sábado Brais P. estivo de aniversario. Celebrou o seu cumple cunha boa festa a que estabamos todos invitados.
O luns trouxo unha enorme tarta para celebralo na clase.
 Estaba boísima! Non quedaron nin as migas!
Felicidades, Brais!