6/10/11

O animal misterioso nº2


Ben, este é o segundo animal misterioso. A ver se resulta un pouco máis difícil que o anterior.
Sabes de que animal se trata?
Se non es capaz de recoñecelo, espera por algunha pista.

5/10/11

Kiwi


Que rápidos sodes! Xa temos gañadores ao 1º animal misterioso: Rafa, Isaac, Iván P., Andrea e Ainoa adiviñaron que o animal misterioso da foto era un kiwi.
O kiwi é un ave orixinaria de Nueva Zelanda, cunhas características moi especiais. Consultade este enlace para coñecer máis sobre el.


Unha das súas características é que, a pesar de ser un ave, non pode voar. Pero se vos fixades neste vídeo, algúns si o conseguen:

Poema

3/10/11

O Sistema Solar

Na clase de Coñecemento do Medio estamos estudando o Sistema Solar. E estamos vendo un documental que nos fala do Sol e dos planetas.



Se queres máis información, visita o noso blog de recursos de C.M.
http://ascousasdaclaserecursoscm.blogspot.com/2011/09/o-sistema-solar.html

2/10/11

O animal misterioso


Hoxe comezamos un novo xogo. Sabedes que animal é o da fotografía? A ver quen é o primeiro en averigualo. Estade atentos a esta entrada, pois se non sodes capaces pronto haberá pistas para facelo.

Iván e Julio pensan que é un OURIZO, pero non o é.
Aquí tedes a 1ª pista:
O animal misterioso é un AVE.
Quen será o primeiro en acertalo?

Exposición

O pasado venres día 23 de setembro fomos ver a exposición Oficios e labores. Música e baile que fixo a asociación cultural Tromentelo.
A exposición fixo un percorrido polos oficios tradicionais e a súa relación coa música e o baile. Nela poidemos ver apeiros antigos de labranza, materiais de canteiros, como eran as tabernas e as cociñas antigas, o labor dos cesteiros, das costureiras, das redeiras,... e ademais acompañado por unha colección de fotos antigas.



Esta exposición encantoume. Tiña música antiga, falaban das ferramentas, como evolucionaron os utensilios, a roupa antiga das danzas. Ensináronnos como facían música coas ferramentas. Todo o explicou Manolo, o señor do muíño. E por que el? porque toda a súa vida traballou nestas cousas.
Brais L.

A exposición gustoume moito polos vestidos e a música. Ademais a que tocaba era a miña profesora de gaita, porque eu bailo baile galego. Tamén gustáronme o arado, as máquinas de coser e as fotos. O señor Manolo ensinounos como se facía o liño. Paseino moi ben.
Valeria

Na exposición falaban dos tempos antigos, como araban a terra e como cantaban antigamente. Despois ensináronnos como se pelaba o millo cunhas máquinas antigas, esa parte interesoume. Despois vimos como traballaban os zapateiros, como comían, as cousas que facían e os traxes típicos de baile.
Darío

A exposición ía de como traballaban a xente fai moitos anos, como vestían e que usaban antigamente para traballar no campo e para facer tecidos. Tamén contaba que, cando remataban o traballo, xuntábanse para cantar e bailar.
Isaac

28/9/11

AS VACACIÓNS

Xa comezamos as clases, pero aínda recordamos os días das vacacións, e os lugares onde estivemos ...

PALMA DE MALLORCA
No Acuarium de Palma de Mallorca primeiro fun ver os peixes do Pacífico. Había peixes de cores, cabaliños de mar, medusas xigantes e, por último, os mariscos.
Despois fumos á zona de "Jungla", onde vin camaleóns, serpes e sapos velenosos. Estaban debaixo dunha cascada.
Máis tarde fun á zona infantil, onde buceei con raias de máis de dous metros. Foi incrible!
Despois fumos ver as carpas de Chin
a e, por último, fumos á zona "Ocean", onde lle deron de comer a tiburóns tigre e gato.
Darío




Paola estivo en Barcelona a semana pasada. Dende alí enviounos unha bonita postal da Sagrada Familia. Nela contaba que foi visitar o Parque Güell, e que ía ao Tibidabo.
Fíxonos moita ilusión recibir a postal!


Estas fotos están feitas no Castro de Santa Tegra.
Os castros son casas antigas dos Celtas. Están feitas de palla e pedra.
Estes castros están reconstruídos para que a xente saiba como eran.
David


Eu vou facer piragüismo ao Club Náutico de Aldán  "Irmáns Gandón". E un día déronnos unha noticia, que ía vir David Cal, porque el entreaba e entrea no noso club. 
E cando veu entreamos con el. Firmounos cousas, a min firmoume unha mochila. E logo saímos ao mar con el.
Isaac



19/9/11

Estamos cambiando o blog

Un pouquiño de paciencia, durante estes días estaremos facendo cambios no blog: plantilla, colores, presentación,...
Estamos a preparalo para traballar nun novo curso. 4ºB
Moitas grazas!

1/8/11

O tigre de Bengala


David eJulio prepararon durante o curso un traballo sobre o Tigre de Bengala en power point:

Coñecedes a Shere Khan? É o tigre máis famoso das películas Disney, o malvado tigre de "O libro da selva". Aquí tedes unha escena entre Shere Khan e o outro malvado da película, a serpe Kaa.

Harry Potter

Aquí estamos outra vez, a ver se continuamos con máis entradas neste blog. Mentres tanto quero que saibades que xa fun a ver a última película de Harry Potter e gustoume moito. Sei que moitos xa pasastes polo cine ou ides vela dentro de pouco, así que si queredes podedes deixar o voso comentario nesta entrada. Ademais, para todos os fans de Harry Potter nos enlaces de blogs tedes un dos blogs máis interesantes e completos sobre este personaxe: BlogHogwarts