Xa temos outra vez na clase as mochilas viaxeiras, despois de pasar por todas as nosas casas.
Os últimos en levalas foron Andrea e Mohamed.
Todos disfrutamos moito dos libros que había nelas. Esperamos continuar con esta actividade para o curso que vén.
28/5/12
27/5/12
Que é? Onde está?
A última foto de Cangas estaba tomada no Paseo Marítimo que está ao lado dos Xardíns do Sinal (Alameda Nova).
Acertaron e comentaron esta foto: Ángela, Valeria, Rafa, Julio e Brais Lagoa.
Agora tedes que averiguar onde está feita esta foto que nos enviou a nai de Isaac:
Veña, a ver se vos animades a participar, que andades un pouco perezosos!
Paola atopou un vídeo moi interesante sobre Cangas. Podedes velo no seu blog:
http://omardepaola.blogspot.com.es/2012/05/paseo-por-cangas-do-morrazo.html
25/5/12
Festival
Por fin, xa chegou o día.
Despois de tanto esforzo xa representamos o noso conto, e o fixemos MOI BEN!!!!!
Traballamos moito, pero mereceu a pena. Noraboa a todos!
Esperando que alguén nos faga chegar un vídeo, aquí están as fotos da nosa actuación:

23/5/12
Preparando o festival
O venres temos o Festival das Letras Galegas e andamos un pouco nerviosos porque imos representar a nosa obra: "Rato Tom e Rata Tomasa".
Xa levamos unha semana de duro traballo cos ensaios e esperamos que todo nos saia ben.
Aquí vos deixamos unhas fotos do último ensaio.
Xa levamos unha semana de duro traballo cos ensaios e esperamos que todo nos saia ben.
Aquí vos deixamos unhas fotos do último ensaio.
15/5/12
Recursos Letras Galegas
O 17 de maio celebramos na nosa comunidade o Día das Letras Galegas. Este ano está adicado ao escritor Valentín Paz Andrade. Aquí tedes varias actividades recompiladas doutros centros:
Do CEIP Condesa de Fenosa (O Barco - Ourense):
Actividade Lim:
Do CEIP Frián-Teis (Vigo):
Do CEIP Mestre Valverde Mayo (Mos - Pontevedra):
CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia - Ourense):
Poemas audiovisuais:

A fraga de Coiro
Hoxe fixemos unha saída estupenda a fraga de Coiro. Unha camiñata ben longa que nos ocupou toda a mañá. Chegamos cansos pero moi contentos, porque foi moi interesante.
Acompañáronnos dous guías da Comunidade de Montes que nos ensinaron e explicaron moitas cousas sobre as plantas e árbores da fraga e tamén da importancia de coidar o monte.
Chegamos ata unha fervenza, merendamos e logo volvemos ao colexio por outro camiño: case 4 horas de paseo.

Polo camiño recollimos moitas mostras de plantas e follas (non as arrincamos) e ao chegar a clase clasificámolas e puxémolas a secar. Máis tarde faremos un traballo con elas.
13/5/12
Jacobo Fernández Serrano
Antes da visita preparamos un traballo sobre os seus personaxes, que expusemos na Biblioteca. Cando rematemos o libro enviaremos o traballo ao seu blog.
A visita estivo moi interesente. Contounos cousas do libro, dos seus personaxes, explicounos como escribía e como facía as ilustracións, ensinounos moitas debuxos e, por último, firmounos os libros e fíxonos un debuxo a cada un.
Como recordo quedaron na Biblioteca dous dos seus debuxos: o río Inrique e Isaías.
O pasamos moi ben. Grazas, Jacobo!
Retos: Londres
Londres é a capital do Reino Unido, e é a nova sede dos Xogos Olímpicos, que se van celebrar entre o 27 de xullo e o 12 de agosto. Será a terceira vez que se celebren nesta cidade.
Sobre este tema investigamos nos retos dos venres. Brais L., Ángela, Iván P., Isaac, Gaby e Roque trouxeron información sobre o tema.
Se queredesmáis información, podedes visitar o blog de Isaac:
http://lateledeisaac2.blogspot.com.es/2012/05/londres.html
Ou tamén o blog de Iván Pazó:
http://ascousasdeivan.blogspot.com.es/2012/04/londres.html
Se queredes facer unha visita virtual:
http://virtuallondontour.com/
O próximo reto:
En Londres está a Abadía de Westminster. Nela está enterrado un famoso físico e matemático inglés, cuxo nome coincide cun alumno da nosa clase. Sabedes quen é?

Os nosos personaxes favoritos: Mario Bross
MARIO BROSS
Mario Bross naceu o
13 de setembro de 1995, e o seu creador foi Shigeru Miyamoto. É o personaxe de
Nintendo máis coñecido. A súa principal tarefa consiste en salvar a princesa
Peach do malvado Browser.
Familia: Luigi (o
seu irmán)
Amigos: A princesa
Peach, Toad, Joshy, Estela.
O principal inimigo
de Mario é Browser.
Ademais de
traballar no seu xogo estrela, Mario Bross tamén participa en outros xogos como: Super Paper Mario, Mario
Galaxy, Mario Kart, …
Habilidades:
facerse xigante, facerse anano, disparar bolas de lume …
Iván Pazó Rial
Todos os personaxes de Mario:
Xogos de Mario:
Que é? Onde está?
Aínda que a foto era moi fácil, esta vez houbo poucos participantes. A foto (envíada por Roque e a súa familia) estaba tomada no porto deportivo de Cangas.
Os acertantes foron Brais P., Ángela, Julio, David e Valeria. Noraboa e grazas por participar!
Ben, e agora unha nova foto de Cangas. A ver se conseguimos máis participación desta vez. Que é e onde está tomada esta foto?

9/5/12
Retos: Xogos Olímpicos
O reto dos deuses gregos levounos ata os Xogos Olímpicos. Darío, Isaac, Valeria, Ángela, Julio, Ainoa, Andrea, Iván P. e Roque buscaron información e a trouxeron a clase.
OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGUA GRECIA
Os primeiros xogos celebrábanse na antiga Olimpia, en honor a Zeus e os deuses que vivían no Olimpo.
Non había deportes por equipos, e só se lle daba premio ao primer clasificado, e as mulleres non podían participar nin ser espectadoras.
Os xogos se celebraban en agosto, duraban cinco días e os homes competían desnudos.
Había moitos menos deportes e só participaban atletas que falaban grego.
As probas eran carreiras, saltos de lonxitude, lanzamentos de disco e xabalina, loitas, carreiras de carros, ...
No ano 394 dC, un emperador romano prohibiunos e non volveron celebrarse.
OS XOGOS OLÍMPICOS MODERNOS
No século XIX o barón Pierre de Coubertin fundou o Conité Olímpico Internacional e en 1896 celebráronse en París os primeiros Xogos Olímpicos da era moderna.
A Chama Olímpica é o símbolo máis importante dos xogos. Encéndese en Gracia e é transportada facendo relevos coa antorcha.
Celébranse cada catro anos e hai dous tipos: X.O. de Verán e X.O. de Inverno, e participan atletas de todas as partes do mundo, homes e mulleres.
Os próximos Xogos van celebrarse este ano, na cidade de Londres.
Se queredes máis información podedes visitar o blog de Iván Pazó:
http://ascousasdeivan.blogspot.com.es/2012/04/xogos-olimpicos.html
Ou tamén o de Valeria:
http://oespazodevaleria.blogspot.com.es/2012/04/os-xogos-olimpicos.html
E Paola fixo unha entrada sobre Gemma Mengual:
http://omardepaola.blogspot.com.es/2012/05/gemma-mengual.html
DAVID CAL
Un dos atletas que vai competir tamén nestes Xogos é o piragüista cangués David Cal, que xa ten catro medallas olímpicas conseguidas nos anteriores xogos de Atenas e Pekín.
Se queredes saber máis cousas sobre el, visitade a súa páxina web:
Agora temos un novo reto. averiguar que cousas interesantes poden visitarse en Londres.

Hai uns meses, antes de marchar para preparar ben a súa competición, David Cal estivo no noso colexio. Estivo explicándonos todo sobre o piragúismo, vimos vídeos das súas regatas e logo fixémoslle unhas preguntas para elaborar unha entrevista. Ao final firmounos unhas fotos.
Agora temos un novo reto. averiguar que cousas interesantes poden visitarse en Londres.
7/5/12
Plástica: preparando o día da nai
Este domingo foi o día da nai, e seguro que todas recibistes os agasallos e o cariño de todos os vosos fillos.
No cole tamén se afanaron en preparar un detalle para vós. Na clase de plástica, coa profe Noelia:
No cole tamén se afanaron en preparar un detalle para vós. Na clase de plástica, coa profe Noelia:
6/5/12
Blogs de recursos
Hai novidades nos nosos blogs de recursos:
No blog de Coñecemento do Medio tedes varias actividades para traballar sobre As máquinas:
Si visitades o blog de Matemáticas, atoparedes algunhas actividades para repasar as Medidas de Lonxitude:
E no blog de Lingua, todo preparado para traballar cos Adverbios:
No blog de Coñecemento do Medio tedes varias actividades para traballar sobre As máquinas:
E no blog de Lingua, todo preparado para traballar cos Adverbios:
Enerxía eléctrica
Paola, Andrea e Ainoa expuseron esta semana o seu traballo sobre a Enerxía eléctrica.
Un traballo impresionante. Nel ensináronnos as diferentes utilidades da enerxía eléctrica, como funcionan os leds, os motores eléctricos, o electroimán, ... e ao final nos regalaron un pequeno motor para cada un.
Pero o máis sorprendente do seu traballo é que fixeron funcionar un despertador utilizando como pila tres limóns!
Que ben o fixeron!

E recordade que podedes visitar o noso blog de recursos, para aprender moito máis sobre a enerxía:
O aniversario de Roque
Tres aniversarios celebramos a pasada semana. Despois do de Brais, Iván P. tamén celebrou o seu e nos trouxo unhas bolsiñas de chuches. E o venres, Roque estaba de cumple e trouxo unha riquísima torta de chocolate da que, como podedes ver nas fotos, non quedaron nin as migas.
Felicidades aos dous!
Felicidades aos dous!
Premios entre blogs
A semana pasada o noso blog recibiu un premio. Fomos escollidos como un dos blogs favoritos da nosa compañeira blogueira María, dende o seu blog "A caixa de música".
Moitas grazas por acordarte de nós!
Estes son os nosos blogs favoritos:
Moitas grazas por acordarte de nós!
+18.06.09.png)
Agora nós temos que elexir os nosos 5 blogs favoritos e mandarlles un premio, así que se alguén te quere ben e te valora tes que seguir a cadea. As intruccións son as seguintes:
- Copiar e pegar o premio no blog enlazándoo co blogger que cho otorgou.
- Premiar os teus cinco blogs favoritos coa condición de que teñan menos de douscentos seguidores e deixarlles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron o premio.
- Confiar en que continúen a cadea premiando a sua vez os seus cinco blogs preferidos.
Caixa de Música, da nosa compañeira María. Unha fermosa caixa, onde caben moitas máis cousas que música.
A morada de Buli, o blog da nosa Biblioteca, levado con dedicación por José Ángel. Sen olvidarnos tamén da súa páxina en Facebook: Buli Coiro
Un monte de ideas, o blog de 3º ciclo do Ceip de Darbo (Cangas), porque me consta todo o traballo que lle dedica Luís.
Biblioblogreboreda, o blog de Biblioteca e Normalización do Ceip Santo Paio de Abaixo (Redondela), cun agarimo especial a Amparo.
O outeiro de Matilda, blog do Ceip Outeiro das Penas, tamén de Redondela, pola cantidade de veces que o teño visitado para buscar algún recurso.
E porque só podemos escoller cinco, que nos quedan no tinteiro un cento de blogs que traballan ás mil marabillas, e que esperemos que seguindo a cadea alguén os mencione.
1/5/12
Os retos: Apolo e os deuses da mitoloxía grega
As misións espaciais da NASA levaban o nome de Apolo, un deus da mitoloxía grega.
Este foi o noso seguinte reto. Isaac, Roque, Darío, Rafa.Julio, Iván P., Andrea, Ainoa e Ángela investigaron sobre este deus e os demais deuses da mitoloxía grega e expuseron o que aprenderon á toda a clase.
Apolo era o fillo de Zeus, era o deus da Luz, a lóxica e a razón, e era tamén un gran músico e curandeiro.
Se queredes información sobre a mitoloxía grega, visitade o blog de Ángela:
http://odiariodeangela.blogspot.com.es/2012/04/el-dios-apolo.html
Os deuses gregos vivían no Monte Olimpo e en honor a eles se celebraban uns xogos. Pois ese será o noso seguinte reto, averiguar o que sabemos sobre os Xogos Olímpicos, pero os da era moderna.

Aniversario de Brais
O pasado sábado Brais P. estivo de aniversario. Celebrou o seu cumple cunha boa festa a que estabamos todos invitados.
O luns trouxo unha enorme tarta para celebralo na clase.
Estaba boísima! Non quedaron nin as migas!
Felicidades, Brais!
O luns trouxo unha enorme tarta para celebralo na clase.
Estaba boísima! Non quedaron nin as migas!
Felicidades, Brais!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)