30/6/19

Despedida



Durante tres anos vivimos cantidade de vivencias facendo un camiño que remata agora.
Síntome un afortunado vendo a vosa evolución durante este tempo, convencido, non só de que tedes máis coñecementos, senón  de que sodes mellores persoas.
Desfrutade e vivide con intensidade esta nova etapa que comezades. Deséxovos, de corazón, que vos vaia todo ben.
                                                                                     
Cibrán 



Este curso foi moi especial para vós e para min. 
Para vós porque xa rematades a primaria, despois de nove anos xuntos no cole, para comezar unha etapa nova, seguramente entre a ilusión e a inseguridade do que vai vir.
E para min por despedirme dunha profesión á que xa levo dedicada unha vida enteira e que tantas satisfaccións me aportou.
Foi un gusto e un privilexio poder compartir con vós este o noso último curso.
Moitas grazas a todos.
  
  Geni

Exp. oral: Juana de Arco (Javi e Darwin)

Javi e Darwin prepararon unha exposición oral sobre a figura de Juana de Arco.

Gústanos ler: Marta, Sami, Leo e Antía 6ºA