Solución ao reto nº 15: De provincias

Xa temos os acertantes ao reto nº 15.
5ºA: Samuel, Xavi, Iria, Iker, Pablo e Iván
5ºB: Diego, Uxía e Javi
Ao resto dos participantes sorte para a próxima vez.
E estas son as solucións:
1. A provincia máis grande é Badaxoz (Estremadura),  cunha extensión de 21.766 km cadrados.
2. A provincia menos poboada é Soria (Castela e León) con só 90.040 habitantes.
3. Os onubenses son os habitantes de Huelva (Andalucía).
4. O pico máis alto de España é o Teide, que está na provincia de Santa Cruz de Tenerife (Canarias).

Grazas por participar!


0 comentarios:

Publicar un comentario