30/12/16

Nadal sen fronteiras: hallaca venezolana

Os pais de Fran quixeron compartir con nós un prato típico de Nadal do seu país, Venezuela: a hallaca. 
Tiveron a amabilidade de preparalo para que o probásemos e ademais nos explicaron e documentaron como se facía.
E podemos dicir que é un prato moi rico e saboroso. Moitas grazas a Rosely e Antonio.
A hallaca faise con fariña de millo, pero en Venezuela úsase a preparada, que se coñece como fariña de PAN.
Por dentro da masa colócase o guiso, que se fai con carne picada en dados e se adoba e se aliña, e se deixa dun día para outro.
Ao día seguinte se hallaca, se lle coloca olivas, alcaparras, uvas pasas, unha tira de pemento, cebola e se envolve nunha folla de plátano, que lle dá un sabor peculiar.
O día da cena tómase a hallaca, ensalada de galiña, pan de xamón e pernil.







20/12/16

Solución ao reto nº8: O nome de América

Estes son os acertantes ao reto nº8:
5ºA: Ángel, Iker, Xavi, Xian, Iria, Iván, Alba, Aitana e Samuel
5ºB: Diego e  Javi.
Noraboa!


América leva o nome de Américo Vespucio, un cartógrafo e navegante nacido en Florencia en 1454. E leva o seu nome porque el foi o primeiro en decatarse que América era un novo continente, e non parte das Indias como cría Cristóbal Colón. Américo Vespucio morreu en Sevilla no ano 1512.

Lecturas 5º: A praia da esperanza.Uxía 5ºB


Título: A praia da esperanza
Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustradora: Teresa Novoa
Colección: Merlín
Editorial: Xerais

Raquel atopa unha buguina na praia e dela sae unha pequeniña serea chamada Sunia. Elas fixéronse moi amigas.
Un día había un cheiro insoportable, era o afundimento dun petroleiro. 
Raquel e os seus pais axudaban todos os días, igual que moita xente, a intentar sacar todo o petróleo do mar.
Sunia quere marchar ao mar xunto a súa familia e poder axudalos, pero Raquel dille que é moi perigoso. Ao cabo duns días Raquel atopa a Sunia morta na praia por aquel petróleo que contaminou o mar.

O meu personaxe favorito é a serea Sunia. Gustoume porque quixo arriscar a súa vida por ir axudar á súa familia. Sunia era moi pequena, vivía no mar dentro dunha buguina, era moi amable e valente, e contaba contos moi bonitos.

Este libro foi moi interesante para min. A miña parte favorita foi cando a nai de Raquel a levou a unha praia porque o seu colexio non fora, e nela estaban moitos nenos doutros colexios, e xuntos formaron a palabra VIDA. Esa parte pareceume moi bonita porque coa palabra querían dar esperanza despois do desastre do petróleo verquido no mar.
UXÍA - 5ºB

Nadal na clase de Relixión

Na clase de Relixión preparamos un mural cun Belén moi bonito debuxado por nós.







Recursos Nadal








15/12/16

Imos ao cine: Rogue One

Por catro esquiniñas de nada

Lecturas 5º: Ti non xogas! Xavi 5ºA


Título: Ti non xogas!
Autor: Silvestre Gómez Xurxo
Ilustrador. Anxo Fariña
Colección: Merlín
Editorial: Xerais

Despois de moitas semanas de chuvia, o luns seguinte sae o sol. Suso ten moitas ganas de xogar ao fútbol, pero Rober non lle deixa.
Ao chegar a casa, Suso escoita unha voceciña, que é unha pantasmiña que vive no seu cuarto. Chámase Phanti e axuda a Suso a arreglar os seus problemas con Rober.
Ao día seguinte, Suso chega ao colexio e castigan a Rober, e non volve ter problemas.
Cando Rober xa non está castigado fanse amigos e Rober xa non se porta mal.

O personaxe que máis me gustou foi Phanti, porque é unha pantasmiña moi boa que axuda aos nenos que teñen problemas con outros nenos, e fai que non lle faga caso. No caso de Suso axudoulle moito a arreglar o seu problema con Rober.

O libro gustoume moito porque se unha persoa é abusona pode reflexionar e non volver a facelo. A miña parte favorita é cando Phanti e Suso coñécense, porque grazas a iso agora non ten problemas no colexio.
XAVI -5ºA

Vídeo Nadal: A viaxe

lecturas 5º: Orión e os animais magos. Xian 5ºA


Título: Orión e os animais magos.
Autor: Joan Manuel Gisbert
Ilustrador: Francisco Solé
Colección: Sopa de libros
Editorial: Xerais

Orión é un can que vive co seu dono Isidro. Un día Isidro ingresa no hospital por mor dunha caída. Orión fuxe á fraga porque andaban detrás del para metelo na canceira. 
Pola noite chega á fraga unha misteriosa furgoneta e un home empeza a descargar paquetes e caixas e agóhaos na fraga. Algúns animais atopan as caixas e empezan a pasar cousas moi raras porque as caixas conteñen os trucos do mellor ilusionista Danilo.

O personaxe que máis me gustou foi Orión. É un can de palleiro, de mirada moi amigable. Era un can abandonado que foi rescatado de cachorro. Gústame porque vive unha serie de aventuras e porque uns animais o rodean e fanlle moitas preguntas relacionadas con Danilo.

O libro gustoume moito. A miña parte favorita foi cando os animais fixéronlle preguntas a orión sobre Danilo, porque non sabía o que lle ían preguntar e púxose moi interesante.
XIAN - 5ºA

11/12/16

Recursos para o teu blog: calendarios


http://www.cuteki.es/widgets/

http://www.gifss.com/creaciones/calendarios/paisajeanimados/

http://www.gadgetsblogger.com/2013/05/calendarios-animados-para-blogger-un.html


Recursos para o teu blog: contadores


http://www.contadorvisitasgratis.com/step_1.php



Recursos para o teu blog: mascotas


http://www.gadgetsblogger.com/2011/03/adopta-una-mascota-virtual-para-tu-blog.html

http://abowman.com/


Recursos para o teu blog: reloxos


https://www.websmultimedia.com/reloj-blog-gratis

http://www.cuteki.es/widgets/relojes/

http://rincondefelixrodri.blogspot.com.es/2015/01/disenos-web-coleccion-de-lindos-relojes.html

http://www.mytictac.com/es/compras.html

http://www.creatupropiaweb.com/recursos/utilidadess_gratuitas_para_tu_blog_y_web_relojes_4.htm

http://freewidget4u.blogspot.com.es/

Lily & the Snowman

8/12/16

lecturas 5º: Ota quere voar. Ángel 5ºA


Título: Ota quere voar.
Autora: Ánxela Loureiro
Ilustrador: Santiago Eiroa Pazos
Colección: Merlín
Editorial: Xerais

É a historia dunha gaivota que voaba polo aire e atopouse cunha aguia que a colleu e a levou ao seu niño.
Os pais de Ota viron que non estaba no niño e lle preguntaron ao seu fillo pola súa irmá, e díxolle que se foi voando e a atrapou unha aguia.
Os pais de Ota foron a buscala e atopáronse coa aguia voando, que levaba a Ota nas patas. Ao chegar ao niño, os pais enfrentáronse á aguia. Ota escapou e marchou ao seu niño xunto do seu irmán.
Pero como se aburría moito outra vez, non lle fixo caso ao seu irmán que lle di que espere polos pais. pero esta vez voou cerca do niño, non se alonxou.

Ota é o personaxe que máis me gusta. É unha gaivota pequena que era aventureira e que lle gustaba moito voar. Me gusta porque non para quieta, coma min.

Gustoume o libro. A miña parte favorita é cando se xunta toda a familia no seu niño. Porque alí estaban felices.
ÁNGEL 5ºA

Exposición Un mundo sen fronteiras

Reto nº8: Por que América se chama América?

O continente americano non leva o nome do seu descubridor, Cristóbal Colón, senón que debe o nome de América a outro personaxe da época, un cartógrafo que se decatou que as terras descubertas eran en realidade un novo continente.
Isto é o que temos que averiguar:
1º Como se chamaba este navegante e cartógrafo?
2º En que cidade naceu?
3º En que cidade morreu?

1

4/12/16

Solución ao reto nº7

Meissner, Krause, Merkel, Pacini e Ruffini eran médicos (especialistas en anatomía e histoloxía), que dan o seu nome aos corpúsculos da pel que eles descubriron. Neles están os receptores sensoriais do tacto, presión, frío, calor e dor.


E estes son os acertantes deste novo reto:
5ºA: Pablo, Aitana, Xian, Iván, Iria, Fran, Samuel, Xavi, Alba
5ºB: Javi, Diego, Ágata
 Noraboa! 

29/11/16

Imos ao cine: Animais fantásticos e onde atopalos

Ir ao cine tamén é un bo plan para o fin de semana. 

Lecturas 5º: Un amigo excepcional. Eloi V. 5ºB


Título: Un amigo excepcional.
Autor: David Walliams
Ilustrador: Quentin Blake
Colección: La increible historia de ...
Editorial: Montena

Era una vez Chloe, una niña regordita que no tenía muchos amigos.
En su barrio hay un vagabundo que todo el mundo llama Sr. Fétido, porque huele muy mal.
Un día Chloe se acercó a él para hacerse su amiga, desde entonces le lleva dando compañía y comida, hasta le dio un refugio en su jardín. ¡A ver si la Sra. Mendrugo, la madre de Chloe, no se entera de que el Sr. Fétido no está ahí porque si no...!

Mi personaje favorito e el Sr. Fétido, un pobre trotamundos sin techo muy amable y apestoso. Me gusta porque me hace reír lo mucho que apesta y lo simpático que es.

Me pareció un libro muy bonito y chulo porque por lo menos a mí los libros de "¿qué pasará?", es decir, misterio, me gustan mucho. Mi parte favorita es cuando entran en la cafetería que está llena y el Sr. Fétido con su peste espanta a todos.
ELOI V. 5ºB

Jarabe Tapatío

Case nos esquecemos de poñer as fotos do baile que os alumnos e alumnas de 5º preparamos para facer no recreo.
Bailamos Jarabe Tapatío, un baile típico mexicano. O escollimos porque en plástica estabamos a traballar a pintora mexicana Frida Khalo, e porque  Halloween tamén o celebramos á maneira mexicana.
Fixemos dúas actuacións, unha para infantil e outra para primaria.


27/11/16

Lecturas 5º: Este campamento es una ruina. Ägata 5ºB



Título: Este campamento es una ruina.
Autora: Ana García Siñeriz
Ilustrador: Jordi Labanda
Colección: La banda de Zoé
Editorial: Destino

Por la mañana Zoé, Marc, Álex, Liseta y todos los de su clase iban a ir de excursión. 
Estaban metiendo las maletas y Zoé llevaba a Kira, su perra. Pero, de repente, el director le dijo a Zoé que estaba prohibido llevar animales, pero Liseta tenía maleta con ropa y metieron a Kira dentro.
Cuando llegaron al campamento, se pusieron a montar las tiendas... y se fueron para cama.
Por la mañana, el director no se había levantado y les pareció raro. Entonces, Carla y Marla fueron las jefas y se portaron mal.
Cuando abrieron la tienda del director, estaba muy hinchado y no se recuperaría hasta el día siguiente.
Zoé, Marc, Liseta, Álex y Kira les gastaron una broma a Carla y a Marla y salieron corriendo del campamento.

Mi personaje favorito es Liseta, porque siempre que van a algún sitio siempre lleva miles de maletas llenas de ropa, accesorios... Cuando le falta algo a alguien, ella siempre tiene la solución a todo. Si ella tiene que hacer algo, ella lo hace.

El libro me encantó. Fue muy divertido, más en la parte que se disfrazaron de extraterrestres para asustar a Carla y a Marla. Fue muy gracioso e interesante a la vez.
ÁGATA 5ºB

Reto nº7: Con todos os sentidos

Unha soa pregunta para contestar ao reto nº 7:
Que teñen en común Meissner, Krause, Merkel, Paccini e Ruffini?


24/11/16

Nadal: gadgets para o blog

Neve no blog:


Luces:

Nadal: gifs animados


Enlaces con gifs animados para felicitar o Nadal no teu blog:


Lecturas 5º: A voz dos soños e outros contos prodixiosos. Saleta 5ºA


Título: A voz dos soños e outros contos prodixiosos.
Autor: Hugh Lupton
Ilustrador: Niamh Sharkey
Colección: Cucaña
Editorial: Vicens Vives

Son moitos contos agrupados nun só libro: A voz dos soños, A macuca (Papá Deus), O cego e o cazador, A nena e a raposa, Peixes no bosque, A ratiña branca ...

O personaxe que máis me gustou foi a nena do conto A nena e o raposo, porque me gusta moito a súa personalidade e a amizade entre ela e o raposo.

O libro gustoume moitísimo. Os contos son moi interesantes e divertidos. pero o meu conto favorito foi A nena e o raposo, porque a súa amizade é moi bonita.
SALETA 5ºA


22/11/16

A bolboreta Sabela

Lecturas 5º: El pequeño vampiro. Iria 5ºA


Título: El pequeño vampiro.
Autora: Angela Sommer-Bodenburg
Ilustradora: Amelie Glienke
Colección: Alfaguara Infantil
Editorial: Alfaguara

Se trata de un niño que se llama Anton, y un día por la noche se le apareció un vampiro en la ventana y desde ahí empezaron a quedar todos los sábados por la noche.
Anton, un día antes de que llegara el vampiro Rüdiger, preparó todo a su gusto. Jugaron por un tiempo y la madre de Anton fue a la habitación y vio una capa negra. Anton le dijo que era su amigo disfrazado.
Otro día vino Rüdiger con su hermana Anna y se la presentó a Anton.
Un día, la madre de Anton quiso conocer a Rüdiger y a Anna. Su hijo, como no quería que supiera que eran vampiros, organizó una idea con su amigo Udo, pero lo pillaron y los acabaron conociendo.

El personaje que más me gusta es Rüdiger, el pequeño vampiro, porque me encanta como actúa y porque no le tiene miedo a nada, aunque sea un vampiro. Porque digo yo, que también le tendrán miedo a algo. Es impresionante, y además  pueden ser amigos un humano y un vampiro. Y porque con él hablando me he aprendido muchas cosas sobre ellos.

El libro me ha encantado, sobre todo cuando Rüdiger le dio la capa a Anton y salieron volando los dos por la ventana y Anton, con toda tranquilidad, se fueron a la cripta. También cuando Rüdiger y su hermana Anna fueron a casa de Anton a conocer a sus padres.
IRIA 5ºA

Solución ao reto nº6: O nome da Lúa

Moi boa participación para este novo reto. E tamén moitos acertantes.
5ºA: Alba, Pablo, Rubén, Xian C., Fran, Xavi, Iván, Lidia, Aitana, Iria, Samuel e Iker
5ºB: Ágata, Javi, Diego e Noa.
Solucións:
A deusa da mitoloxía grega que representaba a Lúa era Selene.
Helios era o deus do Sol.
Selene e Helios eran irmáns.
Noraboa a todos participantes!
Pronto o reto nº7!
Máis información, neste blog:
http://atiluna.blogspot.com.es/2013/04/selene-diosa-de-la-luna.html

16/11/16

Lecturas 5º: Los Cretinos. Iker 5ºA


Título: Los Cretinos
Autor: Roald Dahl
Ilustrador: Quentin Blake
Colección: Biblioteca Roald Dahl
Editorial: Alfaguara Infantil

El señor y la señora Cretino son dos odiosos personajes tan malvados como mugrientos, que se dedican a hacerse la vida insoportable. 
Mantienen prisionera a una simpática familia de monos a los que tampoco dejan vivir en paz. 
Pero con la llegada del pájaro Gordinflón todo va a cambiar. Los Cretinos recibirán su merecido, porque son muy malos y villanos.

Me gustó el señor Cretino. Tiene el pelo negro rizado, la barba súper súper larga y con hojas entre ella. Va vestido con una chaqueta morada. Me gusta porque siempre le gasta bromas a la señora Cretino y porque es muy gracioso.

El libro me ha gustado mucho. Mi parte favorita ha sido cuando el señor Cretino le puso una rana en la cama a la señora Cretino, porque la rana empezó a saltar. esa parte me gustó porque es muy graciosa esa broma, porque la ranita era muy saltarina.
IKER - 5ºA

Lecturas 5º: Las mil y una noches. Nicolás 5ºB


Título: Las mil y una noches.
Autora: Rosa Navarro Durán
Ilustrador: Gerardo Domínguez
Colección: La isla de los libros.
Editorial: EDAF

Este libro narra las historias que Sahrazad, hermosa e inteligente mujer, cuenta al tirano rey de la China y la India, Sahriyar.
Sahrazad cuenta historias como El caballo de madera, Alí Sar y Zumurrud, Simbad el marino ...

A mí el personaje que más me gustó fue Simbad el marino, porque ha sido valiente y ha estado a punto de morir, pero con coraje salió de los aprietos.

Este libro me ha encantado. Mi parte favorita fue la del tercer viaje de Simbad el marino.
NICOLÁS 5ºB

Un mar de ciencia na rúa

Un interesante plan para esta fin de semana. Obradoiros de ciencia na rúa Príncipe, en Vigo.



14/11/16

Lecturas 5º: A historia de Erika. Carlos 5ºB


Título: A historia de Erika.
Autora: Ruth Vanderzee
Ilustrador: Roberto Innocenti
Editorial: Kalandraka

A historia de Erika é un libro moi triste porque os seus pais ían morrer dun engano de traballar e comer mellor. Entón a nai e o pai, por unha rexilla do tren, lanzaron a Erika, e unha familia que pasaba en bicicleta a coidaron para salvala.
O personaxe que máis me gusta é Erika, porque explica moi ben a súa historia de como foron os seus antepasados.

Gustoume o libro, está ben. A miña parte favorita foi cando os seus pais a salvaron, porque se non ía morrer de pequena.
CARLOS 5ºB

13/11/16

Reto nº6: O nome da Lúa

O nome Lúa procede do latín e significa luminosa. É así como a chamaban os romanos.
Pero os antigos gregos denominaban a Lúa co nome dunha deusa da súa mitoloxía.

E estas son as preguntas que tedes que averiguar:
1. Como se chamaba esta deusa grega?
2. Quen era Helios?
3. Que relación tiña coa deusa da Lúa.

A superlúa

Solución ao reto nº5

Moitos participantes neste reto nº 5, pero non todos contestaron ben as catro preguntas.
Estes son os acertantes:
5ºA: Xian C., Iker, Iván, Xavi, Alba, Iria, Samuel e Aitana.
5ºB: Ágata e Diego.
A primeira nave tripulada chegou a Lúa o 20 de xullo de 1969.
O primeiro astronauta en pisala, Neil Amstrong.
O astronauta que tiña o apodo de Buzz era Edwin Aldrin.
O personaxe no que se basa é Buzz Lightyear, da saga Toy Story.


E aos que non acertaron, que o sigan intentando. Sorte no reto nº6!