26/3/17

Certame poético (24/03)

O venres tivemos a última xornada do Certame Poético na Biblioteca, esta vez cunha presentadora especial: Ari foi a encargada de anunciar os participantes deste día.

Entre todos os participantes houbo tamén un grupo de 5º: Alba, Lidia, Marisé e Diana (en substitución de Aitana), recitaron un poema de Ana Mª Fernández, do libro Tres voltas ó planeta (Ed. Everest)


 Este ano foi todo un éxito, tanto de participación como de público. 
Ata o próximo curso!

No hay comentarios:

Publicar un comentario