Certame poético (22/03)

Hoxe, segunda xornada do certame poético na Biblioteca, con unha importante participación do alumnado de 5º.
Os primeiros foron Xavi e Iker, que recitaron un poema de A. García Teijeiro, do libro Un rato díxolle a Lúa (Ed. Xerais).

Os seguintes son Iván, Samuel e Pablo, que recitaron o poema O meu barco, de Manuel María (Os soños na gaiola - Xerais)

Despois Diego, Xian e Carlos recitaron o poema Dice la Luna, de Mª Jesús Jabato (Gorigori - Faktoría K de libros)

A continuación Fran e Ángel recitaron o poema Meus irmáns, de Ramón Cabanillas (Escolma poética - Faktoría K de libros)

E por último Rubén, Brais, Xian e Ian recitaron o poema María Soliña, de Celso Emilio Ferreiro (Escolma poética - Faktoría K de libros)

Todos o fixeron fenomenal! Ben, e mañá máis!

0 comentarios:

Publicar un comentario